Imprimir

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA A CESIÓN DUN LOCAL NA PRAZA DAS ILLAS


18/3/2014 A convocatoria diríxese a asociacións sen ánimo de lucro de Montirón

A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Manuel Núñez, comunica que xa está aberta a convocatoria para o uso en precario dun local social na praza das Illas, 3.


A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado día 26 de febreiro a apertura da convocatoria pública e as bases xerais polas que se regula a autorización do uso en precario do devandito local social para asociacións sen ánimo de lucro sitas na zona de Montirón.

A convocatoria publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do día 13 de marzo e o prazo para a presentación de solicitudes, que é de quince días, abriuse o día 14.

As entidades solicitantes deberán presentar a solicitude e documentación establecida nestas bases.