Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibiu a visita doutro grupo de estudantes de Roskilde en Dinamarca que están de visita en Lugo


# Mércores, 19/03/2014


Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita dun novo grupo de  26 alumnos da cidade vikinga de Roskilde en Dinamarca que están coñecendo a cidade de Lugo da man do I.E.S Lucus Augusti. Estes alumnos viaxaron por primeira vez a Lugo para coñecer esta cidade e reforzar a dimensión europea e promovendo a mobilidade. Ademais tamén visitarán outros puntos de España.

José López Orozco deulles a benvida cun texto en danés e lembrou “a importancia de ter unha Europa forte e de que sexamos todos os que a construamos” ademais de bromear con eles sobre os vikingos. O Alcalde tamén quixo agradecer o esforzo aos profesores que fan posible este cambio de experiencias entre alumnos lucenses e alumnos europeos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova