Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A Mesa de Contratación adxudica a instalación de máquinas expendedoras por un canon anual de 10.800 euros


# Mércores, 19/03/2014
 Para a execución das obras no treito da Ronda da Muralla presentáronse 25 empresas

 A Mesa de Contratación do Concello de Lugo reuniuse hoxe para a adxudicación e autorización do uso especial do dominio público para instalación de máquinas automáticas expendedoras en diferentes instalacións públicas.

Os pregos de cláusulas recollían que o canon mínimo anual para a súa licitación era de 3.150 euros e adxudicouse finalmente con un canon anual de 10.800 euros á empresa Vending Arábiga que fixo a mellor oferta económica. O número de empresas que se presentou ao concurso foi de catro.

Así, disporase dun total de 24 máquinas expededoras de bebidas frías, quentes e produtos sólidos ademais de produtos do comercio xusto nas diferentes instalacións da cidade. 

Por outro lado, tamén se abriron as ofertas económicas para a adxudicación da obra de pavimentación do treito da Ronda da Muralla entre Porta do Bispo Odoario e a Porta de Santiago, que teñen un orzamento de 82.000 euros. Presentáronse un total de 25 empresas e ao haber ofertas que incurren en baixa temeraria, abriuse o prazo para que aporten a documentación necesaria para a xustificación desas baixas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova