Cargando....
Concello de Lugo
14/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns comeza o XIV Festival de Teatro Grecolatino que reunirá en Lugo 4.000 mozos de Galicia, Asturias e León


# Venres, 21/03/2014
Durante tres días representaranse, no Auditorio Gustavo Freire, obras de Sófocles, Eurípides, Aristófanes e Plauto 

 A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, que dirixe Esther Muñoz, colabora na organización da XIV edición do Festival de Teatro Grecolatino que comezará o vindeiro luns coa participación de 4.000 alumnos de centros de secundaria de toda Galicia, Asturias e León.

Este evento reunirá na nosa cidade a mozos de entre 15 e 17 anos que están a cursar estudos en noventa centros de secundaria das tres comunidades autónomas.

Nos tres días que durará o Festival, poñeranse en escea, no Auditorio Gustavo Freire, traxedias de Sófocles e Eurípides e comedias de Aristófanes e Plauto. En total serán seis obras as que se representarán e haberá dúas funcións cada día, unha ás 12.00 e outra ás 17.00 horas.

A Mostra de Teatro Grecolatino, organizada pola asociación Prósopon, a sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos e o Concello de Lugo, ten como obxecto achegar o teatro aos mozos e mozas de Educación Secundaria e Bacharelato, a través do estudio previo dos textos e a posterior asistencia ás representacións. Esta asociación naceu no ano 2003 composto por membros como Lugo, Tarragona, Zaragoza, Euskadi, Baleares, Sagunto, Clunia (Burgos), Mérida, Baelo Claudia (Cádiz) e Itálica (Sevilla), e máis tarde uniuse Málaga.

Programa do Festival 

Día 24 de marzo, luns

12:00 HIPSÍPILA, DE EURÍPIDES, grupo Komos, (Valencia)

17:00 AULULARIA DE PLAUTO, grupo Noite Bohemia, (A Coruña)

Día 25 de marzo, martes

12:00 CÁSINA DE PLAUTO,  Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

17:00 ANFITRION, DE PLAUTO, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

Día 26 de marzo, mércores

12:00 TROIANAS DE  EURÍPIDES, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)

17:00 ASAMBLEÍSTAS DE ARISTÓFANES, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)

Entrega de premios

Ademais, o mércores, ás 12.00, antes da representación das “Troianas”, de Eurípides, entregaranse os premios de Odisea 2014. Trátase dun concurso de cultura clásica on line, organizado pola Sociedade Española de Estudos Clásicos,  no que participaron 688 alumnos agrupados en 265 equipos de centros de ensino medio galego. O tema deste ano era “O teatro”. O primeiro premio foi para o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, o segundo para o IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela e o 3º para o IES Salvador de Madariaga da Coruña. O equipo gañador desta fase autonómica do concurso participu na fase estatal, acadando a 2ª posición.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova