Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Xulgado de instrucción devólvelle ó Concello de Lugo o expedente da ORA


# Venres, 21/03/2014
O Concello convocará de inmediato ó comité de expertos para subsanar o erro no procedemento de adxudicación

O comité de expertos estará formado por tres técnicos alleos ó Concello de Lugo


O Xulgado de instrucción número 1 vén de devolverlle ó Concello de Lugo o expedente da ORA que fora requerido pola Xustiza á Administración local no outono de 2012 no marco da investigación da operación Pokemon.

O Concello de Lugo recibiu onte o expedente que lle fora solicitado ó Xulgado en varias ocasións, xa que sen esta documentación era imposible proseguer o procedemento para  dar cumprimento á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a adxudicación deste servizo.

O Concello solicitáralle a devolución deste expedente ó Xulgado de instrucción número 1 en novembro de 2013, tan pronto como o Xulgado do Contencioso Administrativo resolveu sobre o xeito de executar a sentenza que ditara o TSXG.

Unha vez resoltos os problemas que tivo o Xulgado de instrucción para a dixitalización da documentación, o expedente volve estar en poder do Concello de Lugo o que lle permite á Administración local retormar os trámites necesarios para dar cumprimento á resolución xudicial.

Deste xeito, o Concello vai convocar nos próximos días unha reunión do comité de expertos que se encargará de avaliar as ofertas presentadas. Este foi o único trámite que puxo en cuestión o Tribunal Superior, xa que considerou que era un comité de expertos e non técnicos municipais quen debía encargarse de facer esa avaliación.

Coa avaliación que faga o comité de expertos, composto por tres técnicos alleos ó Concello de Lugo, quedará subsanado o único erro no procedemento de adxudicación do servizo da ORA que atopou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova