Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O CEI-Nodus acolleu a entrega de diplomas ao participantes en tres cursos formativos para desempregados


# Venres, 21/03/2014
López Orozco destacou a importancia de seguir formándose a través de cursos especializados en sectores con demanda de traballadores

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, entregou os diplomas acreditativos do curso de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio, e de Elaborador/a de produtos lácteos que se desenvolveron ao amparo dos programas Lugo Emprego Activo 2 e do programa AFDs.

 No acto, no que tamén participou a Secretaria Territorial da Xunta de Galicia, Marta Barreiro, e o Xefe da área de Traballo e Inmigración da Subdelegación do Goberno, Roberto Raposo, estiveron presentes preto de 30 persoas que accederan a este curso e que o desenvolveron durante os últimos meses do 2013.

López Orozco destacou a importancia de seguir formándose en sectores que teñen demanda e que ademais lles vai permitir obter o certificado de profesionalidade. Ademais agradeceu que tanto a Xunta como a Unión Europea “confíe no Concello de Lugo para poder desenvolver estes cursos cos que pretendemos colaborar para conseguir o obxectivo número un, que é que os cidadáns atopen emprego.”

Por unha parte, o proxecto Lugo Emprego Activo é un plan integral a favor do emprego dos colectivos con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Adaptabilidade e Emprego, fomentando iniciativas que desenvolvan actividades xeradoras de emprego.

Por outro lado, os cursos AFDs (accións dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas en Galicia) está financiado polo Fondo Social Europeo a través da Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia. Nel desenvólvense talleres de formación en diferentes sectores demandados polo mercado laboral, orientación e intermediación laboral e acompañamento por parte dos técnicos do Espazo>Lab. Con estes cursos favorécese ás persoas que teñen máis dificultades para acceder ó mercado laboral co obxectivo de dar formación e axudar a buscar traballo a veciños de Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova