Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Museo Interactivo da Historia de Lugo acolle unha nova mostra de pintura do artista galego Carlos Bóveda titulada Entre cores e soños


# Martes, 25/03/2014
A inauguración terá lugar este xoves 27 de marzo ás 19 horas e ata o 20 de xuño poderanse visitar as preto de 80 obras de diferentes etapas da súa vida

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a Sara Paz, viúva do artista, presentaron unha nova exposición do MIHL que baixo o nome de Entre cores e soños recollen preto de 80 obras pictóricas do galego Carlos Bóveda, cos que se conmemora o 10º aniversario do seu falecemento.

Carmen Basadre explicou que ademais da exposición, todos os venres ás 18.00 horas haberá unha visita guiada para coñecer mellor a obras e a partir do 1 de maio haberá un día a semana en horario de 16.30 a 20.30 un obradoiro de iniciación a pintura para nenos e nenas e outro dia un curso de pinturaterapia para adultos, que impartirá a propia Sara Paz Seco.

“Esta non é unha exposición calquera senón o compendio de todas as obras realizadas ao longo da súa vida e coas que reclamaba a liberdade para Galicia ademais de ser coetáneo e gran amigo de Laxeiro ou Luis Seoane” segundo remarcou a responsable da área de Cultura.

A exposición está composta por un conxunto de cadros ao óleo e debuxos de diversos tamaños, nos que se pode ver dende as primeiras etapas da vida, pasando polo seu destacado traballo en Bos Aires, e xa de volta en Galicia despois de 40 anos en Arxentina ata o final dos seus días. O percorrido pola obra de Carlos Bóveda é unha homenaxe constante do pintor padronés a súa terra Galicia, onde resalta a travñes do pincel, paleta ou os seus propios dedos o sentir e a bondade das súas xentes e oficios, da súa cultura e tradicións.

Carlos Bóveda naceu en Pontecesures o 5 de febreiro de 1933 pero a busca de liberdade fixo que emigrase para Arxentina onde coincidiu con artistas galegos como Luis Seoane, Laxeiro, Isaac Díaz Pardo, ou Castro Couso entre outros. Regresou corenta anos despois, xa en plena democracia, para seguir traballando nas súas pinturas.

Sara Paz incidiu en que a súa pintura podería definirse como un pintor conceptual e o tema dos seus traballos é sempre o mesmo, Galicia. Durante os seus anos en España e os primeiros en Arxentina, o negro e os tons oscuros marcan a súa creación. É neste etapa cando se dá unha coincidencia moi curiosa, xa que Carlos Bóveda en Galicia e Laxeiro na Arxentina pintan co mesmo estilo e con cores similares, sen coñecerse de nada, o que leva a que aínda a día de hoxe moitos críticos teñen dificultade para diferenciar as pinturas dos dous artistas. A súa época negra, sucédelle o puntillismo, incursiona no abstracto e seguidamente volve á pintura figurativa con moito color.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova