Imprimir

OS CIDADÁNS QUE DETECTEN ALGÚN ERRO NAS TARXETAS CIDADÁS PODERÁN ACHEGARSE AO CONCELLO PARA CAMBIALAS DE BALDE


26/3/2014

A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Manuel Núñez, comunica que, nos últimos días, teñense detectado erros de funcionamento nalgunhas Taxetas Cidadáns derivados dun problema técnico na súa configuración.

Ante desta situación, a Concellería de Servizos Xerais comunica que unha vez realizadas as comprobacións precisas, detectouse a existencia dun problema técnico que afecta a algunhas tarxetas, que están a estudar os servizos técnicos competentes do Concello para darlle solución.

En canto non se adopta unha solución definitiva, proporcionarase, ás persoas afectadas por este mal funcionamento, unha nova Tarxeta a fin de que poidan facer uso dos seus servizos.

Neste sentido, faráse unha notificación a fin de que pasen polas oficinas da Tarxeta Cidadá onde, no momento, se lles tramitará e expedirá un novo dispositivo gratuitamente.