Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo participará nunha Xornada sobre Patrimonio Local que terá lugar este venres na cidade portuguesa de Monçao


# Mércores, 26/03/2014
O Concello estará representado polo coordinador técnico do proxecto Muralla Dixital que exporá o traballo que se está a facer en Lugo

O Concello de Lugo foi convidado a participar nunha Xornada sobre Patrimonio Local que se vai celebrar na cidade de Monçao (Portugal) este venres, coincidiendo coa celebración do Día Nacional dos Centros Históricos.

En representación do Concello de Lugo tomará parte nesta I Xornada de Patrimonio Local, adicada á preservación e divulgación das fortalezas do Val do Miño, o coordinador técnico do Proxecto Muralla Dixital, Rubén Álvarez, que pronunciará unha conferencia neste encontro.

Na súa intervención, Rubén Álvarez explicará o traballo que se leva feiro na nosa cidade ó abeiro deste proxecto, que financia a Unión Europea e que lidera o Concello de Lugo.

Muralla Dixital é un proxecto transfronteirizo, que conta con financiamento da Unión Europeo e no que participan as cidades de Lugo, Monçao, Melgaço e Valença do Minho, xunto coa Universidade de Santiago e os colaboradores tecnolóxicos Ineo e CCG.

O programa do encontro inclúe, na sesión de mañá, un panel adicado a tratar o tema Preservación e dinamización do Patrimonio cultural. Pola tarde, haberá un segundo panel no que se presentará o Proxecto Murallas Dixitais.

Na Xornada tamén intervirán os responsables da xestión do Patrimonio Cultural no Val do Miño e o Director dos Servizos de Bens Culturais da Dirección Rexional da Cultura Norte, da Rexión Norte de Portugal.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova