Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local aproba a contratación da roza de 700 quilómetros correspondentes coas carreteras da zona rural


# Mércores, 26/03/2014
Luis Álvarez tamén informou da aprobación das bases para a cobertura temporal de prazas de cociñeiro/a, axudante de cociña, axuliar do fogar e operario do cemiterio

Imaxe Asociada
O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá, dos asuntos destacou a aprobación do prego de cláusulas para a contrataicón do servizo de roza en pistas de diversas parroquias da zona rural do Concello de Lugo para o ano 2014.

Luis Álvarez explicou que “son preto de 700 quilómetros de pistas xa que o Concello de Lugo conta cunha extensa zona rural que se limparán entre o 16 de xuño e o 12 de setembro”. O prezo máximo do contrato é de 101.640 euros, IVE incluido, xa que o prezo por quilómetro de desbroce establécese en 145,20 euros/km.

Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobaron as bases de catro procesos selectivos para a cobertura temporal de prazas de oficial cociñeiro/a, de axudante de cociña e de limpeza, auxiliar do fogar e operario do cemiterio, todos servizos básicos por corresponder con áreas como Servizos Sociais e a saúde pública. O sistema de selección consistirá en dúas fases, unha proba escrita de carácter eliminatorio,  e un baremo de méritos. Os aspirantes deben estar en posesion do graduado escolar ou título superior e, no caso de Cociña, deberán estar en posesión do carné de manipulador de alimentos.

“Con estas novas contratacións en servizos básicos preténdese cubrir o posto de traballadores fixos que teñan unha ausencia xustificada como por exemplo baixas médicas ou vacacións”, segundo o Voceiro do Goberno Local.

Outro dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local foi a aprobación definitiva da conta de liquidación definitiva da xunta de compensación da unidade de actuación CS-7 do PXOU de 1990 do que resulta un patrimonio común de 3.936,07 euros o cal queda distribuido entre os distintos propietarios en proporción a cota de participación de cada un deles.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova