Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo botou do despacho a unha persoa que o acosou porque pretendía obter un traballo de xeito irregular


# Mércores, 26/03/2014
O Voceiro do Goberno local pregunta que propósito pode ter alguén que grava as agachadas unha entrevista á que supostamente acude para pedir axuda

Luis Álvarez chamou a atención sobre o feito de que no sumario aparezan xestións de Jaime Castiñeira con empresas do sector da auga


O Voceiro do Goberno local, Luis Álvarez, destacou hoxe que o Alcalde de Lugo non só non fixo ningunha contratación irregular senón que botou do seu despacho a unha persoa que tentou que o fixera.

Álvarez lembrou que o Alcalde de Lugo, José López Orozco, tivo que botar do despacho a unha persoa que o presionou e o acosou nun intento de que o rexedor cometera algunha irregularidad e lle dera un posto de traballo. Dese episodio xa deu conta ós medios de comunicación o propio Alcalde nunhas declaracións que fixo a semana pasada.

A persoa á que López Orozco se viu obrigado a botar do despacho é a mesma que uns días antes gravou subrepticiamente ó Alcalde, ó que acudiu a pedirlle axuda para atopar un emprego. A gravación ás agachadas desa entrevista demostra que se tratou dunha acción perfectamente planificada con algún propósito distinto ó de pedir axuda.

O sorprendente deste comportamento foi obxecto da seguinte reflexión por parte do Voceiro do Goberno local “a vostedes, que é lóxico que veñan ó Concello con aparellos de gravación, parécelles normal que alguén que vai buscar axuda para encontrar traballo o faga cunha gravadora? non lle chama a atención a ninguén? a mín sí e máis ben parece obxecto dunha situación planificada”.

Curiosamente, non aparece por ningures unha gravación da segunda entrevista, na que o Alcalde botou do seu despacho a esa persoa que pretendía conseguir que López Orozco cometera algún tipo de irregularidade.

Luis Álvarez destacou que o Alcalde sempre é receptivo ás necesidades que lle expoñen os veciños “e xa se ve a factura que lle está a pasar a súa bonhomía”, pero nunca accedeu a cometer ningunha irregularidade, precisamente por iso se viu forzado a expulsar do seu despacho á devandita persoa. Neste sentido, Álvarez recalcou que “unha cousa é ser receptivo ás demandas da xente e outra que un sexa permeable a cometer actos ilegais”.

O Voceiro do Goberno local tamén deixou claro que o Alcalde non contratou a ningunha persoa no Concello nin en ningunha empresa pública ou privada, cousa que non parece ocorrir con algún outro político, “resulta que o Alcalde, o máximo poder no Concello de Lugo, non coloca ninguén e outros que, se mo permiten, están  apantallados, parece que colocan alguén en empresas e non lles está pasando nada”.

Luis Álvarez tamén chamou a atención sobre as noticias que difundiron algúns medios sobre Jaime Castiñeira, “aparece algo que algúns xa barruntábamos sobre o señor Castiñeira que parece ser estaba facendo algunha xestión con algunhas emrpesas interesadas no ciclo da auga”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova