Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Hoxe inaugurouse a mostra de pintura do artista galego Carlos Bóveda titulada Entre cores e soños no MIHL


# Xoves, 27/03/2014
A exposición, que conta con preto de 80 obras, e que se fai para conmemorar o 10 aniversario do seu falecemento poderase visitar ata o 20 de xuño

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a Sara Paz, viúva do artista, inauguraron a exposición Entre cores e soños que recolle preto de 80 obras pictóricas do galego Carlos Bóveda, cos que se conmemora o 10º aniversario do seu falecemento. Ao acto tamén asistiron o Cónsul de Arxentina en Galicia, Roberto Eduardo Gudiño, e a Cónsul Xeral de Uruguay en Galicia, Marta Echarte Baraibar.

A exposición está composta por un conxunto de cadros ao óleo e debuxos de diversos tamaños, nos que se pode ver dende as primeiras etapas da vida, pasando polo seu destacado traballo en Bos Aires, e xa de volta en Galicia despois de 40 anos en Arxentina ata o final dos seus días. O percorrido pola obra de Carlos Bóveda é unha homenaxe constante do pintor padronés a súa terra Galicia, onde resalta a travñes do pincel, paleta ou os seus propios dedos o sentir e a bondade das súas xentes e oficios, da súa cultura e tradicións.

Pódese visitar ata o 20 de xuño de 2014 no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) e que recolle preto de 80 obras pictóricas do artista galego, coa que se conmemora o 10º aniversario do seu falecemento.

Ademais da exposición, todos os venres ás 18.00 horas haberá unha visita guiada para coñecer mellor a obras e a partir do 1 de maio haberá un día á semana en horario de 16.30 a 20.30 un obradoiro de iniciación á pintura para nenos e nenas e outro día un curso de pinturaterapia para adultos, que impartirá a viúva do artista, Sara Paz Seco.

Carlos Bóveda naceu en Ponte Cesures (Padrón) no ano 1933, e viviu corenta anos en América. Ceramista, escultor e sobre todo pintor, a súa obra, centrada fundamentalmente na memoria da Terra e das súas xentes, é dunha estética especialmente robusta, cunha forza e unhas liñas visuais e coloristas que compartiu con outros grandes artistas galegos coma Laxeiro, Luis Seoane, e Isaac Díaz Pardo. Morreu no 2004 en Galicia, a onde retornara dous anos antes sen en realidade tela deixado nunca.

A súa pintura podería definirse como un pintor conceptual e o tema dos seus traballos é sempre o mesmo, Galicia. Durante os seus anos en España e os primeiros en Arxentina, o negro e os tons oscuros marcan a súa creación. É neste etapa cando se dá unha coincidencia moi curiosa, xa que Carlos Bóveda en Galicia e Laxeiro na Arxentina pintan co mesmo estilo e con cores similares, sen coñecerse de nada, o que leva a que aínda a día de hoxe moitos críticos teñen dificultade para diferenciar as pinturas dos dous artistas. A súa época negra, sucédelle o puntillismo, incursiona no abstracto e seguidamente volve á pintura figurativa con moito color.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova