Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá sábado a Muralla apagará as luces durante unha hora como mostra da adhesión do Concello na loita contra o cambio climático


# Venres, 28/03/2014
 Un ano máis o Concello participa na Hora do Planeta  organizado pola WWF que terá lugar mañá sábado 29 de marzo entre as 20:30 e as 21:30

 O Concello de Lugo volve, un ano máis, a adherirse á campaña A hora do Planeta de WWF que se celebrará mañá sábado 29 de marzo entre as 20.30 e as 21.30 horas. Nese momento, a Muralla apagará as súas luces para concienciar do problema do cambio climático e a defensa do medio ambiente.

A hora do planeta é a maior chamada á acción na que se pretende implicar a máis de mil millóns de persoas e movilizar a 7.000 cidades do mundo para demostrar o apoio global á acción contra o cambio climático.

En España xa son máis de 50 cidades as adheridas á campaña e Lugo non podía quedar fora desta importante iniciativa. O mundo estará unido nesta iniciativa: celebrarase desde Mongolia á Arxentina, desde a Antártida ao Ártico. Apagaranse centenares de edificios e monumentos emblemáticos como a Porta de Brandemburgo en Berlín, o Museo de Historia Natural de Londres, a Torre Eiffel de París ou o Empire State de Nova Iork. En total son 150 países do mundo comprometidos coa campaña.O Concello de Lugo súmase a esta iniciativa como unha mostra máis do seu compromiso coa loita contra o cambio climático e pola defensa do medio ambiente.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova