Cargando....
Concello de Lugo
23/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Sonia Méndez lembra o apoio do Concello para a formación e a consolidación de emprendedores


# Venres, 28/03/2014
 Esta mañá participou na entrega dos diplomas aos participantes nun taller de creación do plan de empresa organizado pola Asociación de Mulleres Empresarias

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
 A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e a Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, Beatriz Varela Regueira, fixeron entrega dos diplomas aos asistentes ao III Obradoiro para creación do plan de empresa para emprendedores desempregados, que se levou a cabo nas instalacións do CEI-Nodus.

Sonia Méndez animou aos asistentes a seguir preparándose e informou de todas as medidas das que dispón o Concello de Lugo para axudar aos emprendedores na súa creación de novas empresas. “Temos todos os servizos do CEI-Nodus, ademais do viveiro de empresas e o aluguer de espazos, pero tamén contamos con axudas do Plan Urban para a creación de novas empresas no centro da cidade”. Así, animou ás persoas interesadas a que se acheguen ás instalacións municipais para solicitar a información que precisen en materia de axudas económicas ou de espazos.

O obradoiro que levou a cabo a Asociación de Mulleres Empresarias e contou coa colaboración do Concello de Lugo, tivo unha duración de 30 horas nos que os 20 asistentes aprenderon a facer un plan de empresa e comprobar se as súas ideas empresariais tiñan posibilidade de realizarse ou non.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova