Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo defenderase na vía xudicial de quen quere sementar sospeitas sobre o seu comportamento, que foi sempre conforme coa lei


# Venres, 28/03/2014
Os avogados do Alcalde pedirán permiso á Xuiza a semana que vén para presentar a querela contra o empresario José Luis Álvarez

Imaxe Asociada
López Orozco revela que quixo convidar ó Asesor Xurídico a presenciar a conversa coa persoa á que tivo que acabar botando do despacho

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, defenderase na Xustiza de todas as persoas que sementen sospeitas sobre a súa inocencia ou sobre a legalidade do seu comportamento, que foi en todo momento conforme coa lei.

O Alcalde anunciou que os seus avogados están a traballar nesta liña nunha comparecencia ante os medios de comunicación na que se defendeu trala difusión da
gravación malintencionada que se fixo dunha conversación que mantivo cunha persoa que acudiu ó despacho do Rexedor co pretexto de pedirlle axuda para atopar un traballo.

“No que non hai equívoco, nin dúbida, é nos feitos”, dixo o Alcalde antes de destacar que esa persoa non foi contratada polo Concello, aínda que López Orozco recoñeceu que “non estiven afortunado nesa conversa, porque as miñas palabras poden dar lugar a equívocos perversos”,

“Esa persoa non foi contratada polo Concello, nin por ningunha empresa que traballe para o Concello”, lembrou o Alcalde e tamén subliñou que “a mín ninguén me vai convencer nunca para que cometa unha ilegalidade, proba delo é que a esta persoa acabei por botala do meu despacho, nunha conversa na que eu mesmo tratei de que estivera presente o Asesor Xurídico do Concello”.

“De verdade alguén cré que, se eu estivera disposto a facer chanchullos, ou ilegalidades, ou irregularidades, querería convidar de testemuña delo ó Asesor Xurídico do Concello?”, inqueriu López Orozco, en referencia á última entrevista que mantivo con esta persoa, na que ésta se negou a que o Alcalde chamara ó Asesor Xurídico municipal para que o Letrado estivera presente nesa conversa.

“E, de verdade, cré alguén que o que grava unha conversa xusto vai perder a que non lle convén?, preguntouse tamén o Alcalde.

López Orozco tamén anunciou que “os meus avogados están a estudar accións legais contra esta persoa e xa teñen todo pechado para presentar, a vindeira semana, a petición de permiso para querelarme contra o empresario asturiano José Luis Álvarez Álvarez, a única persoa neste procedemento que dí que lle dixeron que eu cobraba sobornos”.

“Porque iso tamén é mentira, xa o acreditaron todos os que pasaron polo Xulgado, as miñas contas, que as aportei voluntariamente ó Xulgado, e tamén o fará a Interpol se é preciso”, remarcou o Alcalde e enfatizou “pódeselle preguntar a Google e canta axencia de viaxes se lles ocurra”.

En resposta a preguntas dos xornalistas, o Alcalde manifestou, tamén, que non dimite porque “son inocente, creo na Xustiza e unha persoa que é inocente non pode ser condenada nin social nin políticamente”.

López Orozco explicou que “eu creo no Estado de Dereito, na presunción de inocencia, na separación de poderes e na defensa da institución que presido e preguntábame, Pepe, se chegas a dimitir cando Dorribo dixo de ti o que dixo, ou cando foi o de escupir para arriba ou os pluses de produtividade? e sempre acabaron desimputándome”.

“Eu podería estar tranquilamente na miña casa non estaría cumprindo co meu deber, porque penso que o meu deber é continuar en defensa das cousas nas que creo firmemente e, ademais, teño o apoio dos meus compañeiros de Goberno, do meu partido e de moita xente da rúa”, concluiu o Alcalde.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova