Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Goberno local aproba a primeira fase do Plan de investimento para este ano que ten unha dotación de 3,3 millóns de euros


# Luns, 31/03/2014
O Alcalde salienta que a boa situación económica do Concello fai posible financiar os investimentos con aforros municipais sen necesidade de contraer crédito este ano

Imaxe Asociada
A primeira fase do Plan de investimento inclúe 31 actuacións, entre elas a compra dunha nova autoescaleira para os Bombeiros

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, informaron da aprobación, hoxe, da primeira fase do Plan de investimento municipal 2014, que ten un presuposto de 3,3 millóns de euros destinados a un total de 31 actuacións.

O Alcalde explicou que este plan, aprobado pola Xunta de Goberno Local, financiarase con excedentes presupostarios, xa que o Concello de Lugo pechou 2013 con superávit, mentres outras administracións, como a Xunta de Galicia, acabaron o ano, unha vez máis, con déficit.

Grazas a esta boa xestión económica, o Concello de Lugo renuncia, por terceiro ano consecutivo, a acudir a un crédito bancario.  Deste xeito, explicou o Alcalde, o Goberno local continúa a reducir a débeda municipal que o PP deixou en 52 millóns de euros e neste momento diminuiu case á metade, 28 millóns de euros, mentres medra noutras administracións públicas, como a Xunta, que duplicou a débeda desque a preside Feijoo.
 
López Orozco salientou que o Lugo poderá adicar parte dos cartos que ten aforrados a investimentos porque, por fin, o Goberno de España permite utilizar o superávit ós concellos que teñen unha situación económica saneada.

Desta maneira, o Goberno local logra garantir o mantemento do gasto social sen diminuir os investimentos que axudan á economía local ó favorecer as empresas e o emprego, todo elo ó tempo que se reduce o nivel do endebedamento municipal.

O Concello de Lugo pódese acoller a esta posibilidade porque cumpre con todos os requisitos establecidos polo Goberno, que só autoriza a empregar excedentes presupostarios a investimentos ós concellos que cumpren cos límites de endebedamento, teñen remanente de tesourería, aforro neto positivo, cumpren estabilidade e paguen en tempo aos proveedores.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a primeira fase do Plan de  investimentos 2014 para levalo ó Pleno do mes de abril. Para o Pleno de maio está prevista a presentación da segunda fase, na que se incluirán obras nos barrios e na zona rural.

A Concelleira de Economía explicou que, nesta primeira fase inclúense as actuacións, dentro dos capítulos 6 e 7 do orzamento, que afectan ao día a día do Concello e da cidade, e as que son máis urxentes e perentorias.

Sonia Méndez salientou que a partida máis elevada é para a adquisición dunha autoescaleira para o servizo de Bombeiros (949.000 euros de prezo inicial de licitación), que sustitúa á actual, que ten unha antiguidade de 24 anos.

“A compra desta autoescaleira é unha cuestión de seguridade e supón maior garantía nas labores de extinción e rescate, xa que esta escalera ten dispositivo de movementos, acada máis altura (nove prantas) e soporta máis carga”, explicou a Concelleira de Economía.

Outros investimentos previstos son para :

  • equipos para a Policía local, adquisición de sinais de tráfico, bolardos, balizas, postes, papeleiras, contedores, libros para a biblioteca, instrumentos para a Escola e a Banda de música, licenzas informáticas, renovación de equipos informáticos e do sistema de seguridade, conexión con fibra óptica de distintos centros municipais.
  • convenios o proxectos cofinanciados polo Concello: Convenio do Casco histórico; Edificio novas tecnoloxías do Plan Urban, convenios de abastecemento de auga a Lugo.
  • renovación do pavimento en Catasol
  • accesos e segunda fase da renovación dos vestiarios do campo de fútbol das Gándaras
  • obras de mellora no Centro social da Milagrosa
  • obras en colexios
  • obras no Cemiterio
  • distintas obras urxentes en edificios municipais



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova