Imprimir

MANUEL NÚÑEZ PARTICIPOU NA INAUGURACIÓN DA QUINTA EDICIÓN DO SALONAUTO LUGO 2014


28/3/2014

O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, participou na inauguración da quinta edición do Salonauto Lugo que se celebra este fin de semana no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.


Esta feira xa é un referente expositivo do sector do automóbil no sector en todo o noroeste peninsular. Desta forma, o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo abre as súas portas do 28 ao 30 de marzo esta quinta edición do Salonauto Lugo que terá un espazo de máis de 7.000 metros cadrados dirixidos a dinamizar e favorecer a venda de vehículos.

O horario de apertura é o sábado 29 e domingo 30 de 11 a 21 horas. A entrada ten un prezo de 3 euros e da dereito tamén ao acceso á seguinte feira, Motorocasión Lugo, que se celebrará entre o día 4 e 6 de abril. Os menores de 10 aos non deberán abonar ningunha entrada.