Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colabora na creación dun centro de atención á infancia e lactancia do Taller de Nazaret Quezon City en Filipinas


# Martes, 01/04/2014
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade sinalou que o Concello de Lugo é o único en Galicia que mantén as axudas para a cooperación internacional

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, acompañada por Rafael Veiga de Diego, de Taller de Solidaridade, e Erlin Garaci, representante das Siervas de San José de Filipinas, presentaron o proxecto que desenvolveron en Manila coa axuda das subvencións que convocou o Concello de Lugo en materia de cooperación ao desenvolvemento no 2013.

Neste caso, levouse a cabo a construción dun centro de educación infantil para fillos e fillas de traballadoras dun taller textil co que se posibilitará a conciliación laboral de 43 mulleres con poucos recursos que traballan neste proxecto social e que está situado nun edificio anexo ao centro de traballo.

Esta infraestrutura foi financiada polo Concello de Lugo cunha subvención de 11.121,73 euros dun total de 36.922 aportados pola Fundación Taller de Solidaridad e que forma parte dos Talleres de Nazaret, unha empresa social quie forma parte da rede de produtores de Comercio Xusto e que naceu da man das Josefinas ou Siervas de San José de Filipinas.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade sinalou que este tipo de subvencións permiten que exista algo máis de igualdade en diferentes zonas do Mundo e lembrou que “somos o único Concello de Galicia que seguimos apostando pola cooperación internacional e mantemos as axudas”.

Pola súa parte, Rafael Veiga explicou que o traballo que desenvolven en Filipinas non só se centra na mellora das instalacións e de condicións de vida destas mulleres senón que tamén están levando a cabo labores de reconstrución na illa de Concepción tras o Tifón Iolanda coa campaña Soñando un Techo. Para máis información sobre estes proxectos pódense ver en  http://tallerdesolidaridad.org/sonandountecho . Taller de Solidaridade é unha Fundación promovida polas Siervas de San José que teñen como fin impulsar a xustiza social, a dignidade das persoas e a mellora das condicións de vida dos países do Sur.

En anos anteriores, e grazas as subvención para a cooperación internacional do Concello de Lugo, xa se concederon axudas para a ampliación dun local que da emprego e formación a unhas 150 mulleres sen recursos que traballan en cinco talleres diferentes que realizan dende traballos textís ata procesamento de alimentos e que se poden atopar en Galicia nas diferentes tendas de Comercio Xusto.

O Concello de Lugo leva anos e ten a intención de continuar como actor do sistema de cooperación ao desenvolvemento comprometendo unha porcentaxe do seu orzamento, no 2013 90.000 euros, para subvencionar actuacións en países en vías de desenvolvemento co propósito de promover o progreso económico e social dos países do Sur de modo que a súa relación cos do Norte sexa máis equilibrada e sostible. A situación actual de crise pode abrir outra vía económica con principios solidarios, cooperativos e comprometidos con medio ambiente distintos dos da economía capitalista baseada na destrucción de recursos naturais.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova