Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo crea as primeiras actividades xeoturisticas dentro do programa Lugo de pedra en pedra


# Martes, 01/04/2014
Carmen Basadre informou da novidade deste tipo de propostas coa que se conocerán aspectos descoñecidos da xeoloxia lucense

Imaxe Asociada
As actividades terán lugar entre o 5 de abril e o 27 de setembro, serán de carácter gratuito, para todos os públicos e previa inscrición no 010 ou no Centro de Información da Muralla

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou un novo programa turístico-cultural que se desenvolverá entre o sábado 5 de abril e o 27 de setembro de 2014 e terán un carácter gratuito denominado Lugo de pedra en pedra.

Trátase dun proxecto de xeoturismo co que ven dá resposta as novas sensibilidades que se están manexando en materia turística a nivel internacional, ademais de ser unha experiencia enriquecedora para os propios lucenses, pois transmitirá interesantes e sorprendentes coñecementos sobre a xeodiversidade do noso municipio, tanto do ámbito urbano como do rural, segundo explicou a responsable da área de Cultura.

Carmen Basadre manifestou que “se trata de abordar un enfoque moi novidoso para fundamentar un novo programa de actividades que está esquecido e ten que ver coa xeoloxía”.

As actividades propostas combinan contidos didácticos con saídas de campo para a observación directa e rutas guiadas pola cidade e os arredores. O obxecto do programa vai ser o descubrimento das rocas, os fósiles, os minerais, as estruturas xeolóxicas e os paisaxes que conforman a xeodiversidade de Lugo. O sistema de inscrición establecerase a través do Servizo 010 e a Oficina Municipal de Turismo.

As rutas periurbanas suporá un redescubrimento dos aspectos xeolóxicos agochados nas rutas Miño aberto, río abaixo, O río dos muiños e As ribeiras altas, Miño arriba con especial atención á hidroxeoloxía dos arredores da cidade de Lugo. As rutas urbanas, serán paseos polos vestixios dos tempos do Paleozoico que conformaron o xisto utilizado para construir a muralla. Esta ruta, dirixida tanto a nenos como a adultos, permitirá ver con outros ollos a paisaxe urbana de Lugo a través das súas rochas, das construcións e dos chans da cidade.

O Geocaching, é un xogo de acción onde os participantes terán que encontrar un tesouro xeolóxico agochado nalgún punto do Concello de Lugo seguindo algunhas pistas. A actividade permite coñecer doutra maneira determinados elementos xeolóxicos de importancia.

O obradoiro xeolóxico é unha actividade formativa que inclúe tanto aspectos teóricos como a observación in situ e diversas actividades prácticas de fácil execución. Os temas abordados en cada unha das 5 sesións serán:
- Paisaxe: formas e relevo
- Xeoloxía da auga de Lugo
- A litoloxía do concello
- O ambiente sedimentario
- O tempo en xeoloxía

Para pechar un ano completo de actividades xeolóxicas, que mellor maneira que rematar cunha verdadeira saida de campo. As propostas son Portomarín, a Mariña, o Courel ou a Ribeira Sacra Lucense nas que os asistentes poderán coñecer diversas formacións xeolóxicas.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova