Cargando....
Concello de Lugo
08/12/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Adxudicadas na Mesa de Contratación as actividades deportivas e mantemento de todas as instalacións deportivas municipais


# Mércores, 02/04/2014


Na Mesa de Contratación do Concello de Lugo celebrada esta mañá adxudicouse o contrato da realización de actividades de ensinanza deportiva e servizos complementarios nas instalacións deportivas das Pedreiras, na instalación deportiva municipal da Polvoreira, asi como nas instalacións de Frigsa e outras instalacións deportivas.

O contrato adxudicouse á empresa Clece S.A. que fixo a mellor oferta económica por un importe de 960.000 euros anuais, ive incluido, co que se aforrou na súa contratación preto de 80.000 euros con respecto ao prezo de licitación. O número de empresas que se presentou ao concurso foi de sete.

Desta maneira, apróbanse a contratación das actividades de ensinanza deportiva en todas as instalacións municipais deportivas da cidade e no que se inclúen os servizos de socorrismo, prestación ensinanza deportiva, limpeza e mantemento da auga dos vasos das piscinas e das instalacións nas condicións esixidas e o servizos de limpeza e vixiancia. O contrato será de dous anos prorrogables a outros dous.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova