Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este sábado 5 de abril terá lugar o II Torneo de Veteranos de Balonmán Cidade de Lugo no Pazo Municipal dos Deportes


# Mércores, 02/04/2014


A Concelleria de Deportes anuncia que este próximo sábado 5 de abril disputarase en Lugo o II Torneo de Veteranos de Balonmán Cidade de Lugo no que os veteráns de oito equipos diferentes disputarán a competición en dúas fases para facerse co título.

Nesta primeira edición participan equipos como Ademar de León, Teka de Santander, La Salle Valladolid,  Colegio Virgen de Europa, o Castrillón, o Valle de Nalón, o BM Muralla de Zamora, e o ADC Lugo. Segundo os organizadores, o torneo, nace co obxectivo de incentivar o balonmán e contribuir á difusión da cidade. Para conseguilo invitaron a equipos de distintos puntos de España e todos cunha larga traxectoria no balonmán.

A cita deportiva comezará ás 10:00 e rematará ás 20.00 no Pazo Municipal de Deportes de Lugo co seguinte calendario de partidos:

Primeira Fase
09:15    VETERANOS ADEMAR LEÓN – COLEGIO VIRGEN EUROPA BOADILLA
09:50    BM MURALLA ZAMORA – ADC DESCUBRINDO LUGO
10:25    VETERANOS LA SALLE VALLADOLID – VETERANOS CASTRILLÓN
11:00    VETERANOS TEKA CANTABRIA – VETERANOS VALLE NALÓN
11:35    PERDEDOR 1 – PERDEDOR 2
12:10    PERDEDOR 3 – PERDEDOR 4
12:45    CAMPIÓN 1 – CAMPIÓN 2
13:20    CAMPIÓN 3 – CAMPIÓN 4

Segunda Fase
Posto 7º - 8º     17:15    PERDEDOR 5 – PERDEDOR 6
Posto 5º - 6º     18:15    CAMPIÓN 5 – CAMPIÓN 6
Posto 3º - 4º     19:15    PERDEDOR 7 – PERDEDOR 8
FINAL         20:15    CAMPIÓN 7 – CAMPIÓN 8

As arbitraxes correrán a cargo dos ex-árbitros, colexiados no seu momento no Comité da Real Federación Española de Balonmano, José Flores Real, Manuel Santos Dobaño, Enrique Carbia Díaz e como xuíz único da competición, o ex-arbitro internacional, Pablo Permuy.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova