Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ainda está aberto o prazo para participar na segunda edición do certame literario en latín


# Xoves, 03/04/2014
O prazo remata o domingo 20 de abril e os interesados deberán enviar os seus traballos á Concelleria de Cultura

A Concelleria de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, lembra que aínda está aberto o prazo para participar na segunda edición do certame literario en latin Seu Ludus Litterarum “Lucus Cultural”, que se organiza con motivo do Arde Lucus.

Con esa iniciativa trátase de promover o coñecemento e cultivo da língua latina da que procede o noso romance galego. O certame está dirixido a mozos de entre 14 e 28 anos de idade, de calquera nacionalidade, que deberán presentar relatos inéditos escritos en latín e que traten sobre a fundación da cidade de Lugo.

Haberá dous premios valorados en 300 euros. Un deles para participantes de 14 a 17 anos e outro para os de idades comprendidas entre 18 e 28 anos. No caso de que o premiado ou premiada sexa de fóra do Concello de Lugo, poderá escoller, en vez do premio en diñeiro, unha invitación para dúas persoas á festa do ARDE LUCUS do 2014 consistente en aloxamento durante as tres noites da fin de semana con almorzo incluído.

As bases establecen que os relatos deberán ter unha extensión máxima de dous folios ou 4.000 caracteres con espazos incluídos. O xurado, que estará formado por especialistas en língua latina, valorará tanto o contido como a calidade da composición.

O prazo para a presentación dos orixinais será ata o 20 de abril. As obras presentaranse, persoalmente ou por correo, na Oficina de Información Xuvenil, Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra”, Rúa Quiroga Ballesteros s/n, 27001, Lugo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova