Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Dende o 7 e ata o 14 de abril estará exposto o Censo Electoral para as eleccións ao Parlamento Europeo


# Venres, 04/04/2014
O censo pódese consultar nas Oficinas Municipais de 9 a 14 horas en días laborais e na Casa Consistorial de 10 a 14 horas o sábado 12 e o domingo 13

Entre os días 7 e 14 de abril nas Oficinas Municipais, sitas na Ronda da Muralla 197, estará exposto ao público o censo electoral do Concello de Lugo. O obxectivo é que todos os veciños e veciñas da cidade poidan comprobar a corrección dos seus datos nas listas de votación e, en caso de erro, poder facer as reclamacións oportunas.

A consulta das listaxes, que se deberá realizar persoalmente, é un trámite necesario e conveniente para toda a cidadanía como garantía do seu exercicio de dereito ao voto nas vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo que terán lugar o día 25 de maio.

O horario de consulta será nas Oficinas Municipais de 9:00 a 14:00 horas en días laborais e na Casa Consistorial de 10:00 a 14:00 horas o sábado 12 e o domingo 13 de abril.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova