Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Un templo romano e unha necrópole de Lugo van ser reproducidos en 3D para dalos a coñecer a través das novas tecnoloxías


# Venres, 04/04/2014
Este traballo forma parte do programa europeo Muralla Dixital e levarase a cabo no templo do Círculo das Artes e na necrópole de San Ronque

O Concello de Lugo está a traballar en distintos eidos para a posta en valor e musealización do patrimonio monumental e arqueolóxico da cidade e conta para elo con investimentos propios e doutras institucións como a Unión Europea, a través dos programas Muralla Dixital e Urban, no que tamén colabora a Deputación provincial.

Ademais das labores de conservación e exhibición, a través de ventás arqueolóxicas, dos achádegos máis valiosos do pasado romano da nosa cidade, no que está a ser decisivo o financiamento do Plan Urban, dende o Concello lévanse a cabo outras accións para a divulgación do patrimonio cultural e histórico de Lugo.

Unha das iniciativas máis importantes que se está a desenvolver para axudar á difusión do patrimonio cultural de Lugo é a que está a desenvolver o proxecto Muralla Dixital, que financia a Unión Europea a través dos fondos FEDER e que ten como obxectivo a recreación en 3D de monumentos e achádegos arqueolóxicos.

O obxectivo deste proxecto é a producción de distintos materiais multimedia que poidan empregarse como un recurso cultural e turístico, tanto na rede de museos municipais como para a súa  difusión a través das novas teconoloxía.

A próxima tarea que se vai levar a cabo dentro do programa Muralla Dixital vai ser o levantamento planimétrico mediante fotogrametría dixital de dous dos restos arqueolóxicos de Lugo, concretamente traballarase no templo romano do Círculo das Artes e na necrópole de San Roque.

Para levar a cabo este labor, o Concello autorizou hoxe un investimento de 10.600 euros. A Xunta de Compras acordou encargarlle a realización do traballo a Digitum 3D.

Muralla Dixital é un proxecto transfronteirizo, financiado pola Unión Europea, a través dos fondos FEDER, que lidera o Concello de Lugo, e no que tamén participan a USC, o Clúster INEO e as cidades portuguesas de Valença do Minho, Monçao e Melgaço, así como o Centro de Computaçao Gráfica Azurém.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova