Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O II Ciclo de Música Contemporánea MIHLSons-XXI ofrecerá concertos pero amplia as actividades con obradoiros e exposicións


# Martes, 08/04/2014
As actividades terá lugar entre o 11 de abril e o 22 de maio en diferentes lugares da cidade

Imaxe Asociada
Esta mañá tivo lugar as presentacion do II Ciclo de Música Contemporánea MIHLSons-XXI que presenta novidades en relación coa primeira edición. Así, as actividades que se xeran en torno a este ciclo de música terán lugar entre o venres 11 de abril e o martes 22 de maio, ademais de que se amplían os lugares de celebración do mesmo.

Así, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o coordinador do Ciclo e profesor no Conservatorio de Música de Lugo, Diego Ventoso, e o pianista, Juan Ignacio Martinez, presentaron o programa desta segunda edición de música contemporánea.

Carmen Basadre sinalou que “esta segunda edición só pode significar que imos polo camiño axeitado e apostamos por novos campos de acción con todas as posibilidades que a cidade de Lugo nos dá como pode ser o Conservatorio de Música e de Danza para dar cabida a todos os ámbitos artísticos” e animou a todos aqueles que teñan novas ideas para levalas a cabo.

O MIHLSons-XXI nace co obxectivo de crear un espazo que aglutine a artistas procedentes de campos tan diversos como a música instrumental e electrónica, a danza ou a creación audiovisual, dinamizando o campo de acción de diferentes institucións da cidade cun único fío conductor, a arte contemporánea.

Nesta edición, segundo explicou Diego Ventoso, dividiuse en catro seccións: concertos, obradoiros de música, exposición fotográfica e concertos didácticos. Os concertos comezan este venres 11 de abril no Auditorio Gustavo Freire coa posta en escea de Moving into a new age no que participa o grupo de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, e o grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesiona de Danza de Lugo. Os outros concertos, serán, Aberto, pechado, libre ou atado do grupo The Delightful Companion o martes 22 de abril ás 20.30 horas no Auditorio do Conservatorio de Música. Tamén haberá unha versión curta do Moving Into a new age o luns 28 de abril ás 19 horas no Centro Comercial de As Termas.

O martes 29 de abril na Casa do Saber o grupo Ensemble IXOR interpretarán varias pezas dentro do concerto Visións, e o venres 9 de maio ás  20 horas terá lugar o concerto O piano e a infancia  na Casa do Saber. O último concerto, Seven Colours Extensions, será no MIHL o martes 13 de maio ás 20.30 horas no que volverán a colaborar o Conservatorio de Música e da Danza de Lugo.

Os concertos didácticos para escolares serán o venres 11 de abril e o venres 9 de maio dirixido a nenos e nenas dos centros de educación primaria e secundaria da provincia de Lugo e que se calcula que se achegarán uns 800 alumnos e alumnas.

Tamén se realizará un obradoiro para estudantes de música o martes 22 de maio ás 17 e ás 18.30 horas no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes co grupo The Delightful Companion.

Neste II Ciclo de Música Contemporánea inaugurarase unha exposición fotográfica realizada polo alumnado de fotografía da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, será o xoves 24 de abril e poderase ver ata setembro de 2014 no Hall do Auditorio Gustavo Freire.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova