Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta o programa Xadrez para tod@s con actividades de xadrez para nenos e nenas e familias


# Martes, 08/04/2014
O primeiro torneo será o de Semana Santa que se celebrará o domingo 27 previa inscrición en Xaquedrum

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, e o Presidente da Asociación Cultural Xaquedrum, Pablo Castro, presentaron o programa Xadrez para todarrobas que recolle as actividades que se realizarán ao longo dos próximos meses de fomento do xadrez.

Esther Muñóz explicou que “no Concello estamos moi contentos con estas actividades porque axuda da fomentar o xadrez entre nenos e nenas de 8 e 16 anos como unha alternativa de ocio saudable e deporte de estratexia”. Esta actividade ten a colaboración de El Progreso, Telelugo, Fornos Fernando Valín, confecciones Yute e  Sogama.

Pola súa parte, Pablo Castro, sinalou que todas as actividades son gratuitas e que a primeira que o primeiro campionato será o de Semana Santa que se celebra o domingo 27 de abril e que require inscrición previa ata o día 24.

Asi, Xadrez para todarrobas  recolle unha serie de actividades que se van desenvolvendo ao longo dos meses de primaveira e verán e que teñen o seguinte calendario:

Xaque nas aulas
Que se celebra nos Colexio de Paradai os dias 22, 29 de abril e 6 de maio, no colexio de Albeiro os días 24, 28 de abril e 5 de maio, e no Quiroga Ballesteros os días 17, 18 e 19 de xuño. Este programa lévase a cabo en horario lectivo e vai dirixido a alumnos de 3º e 4º de Primaria.

Circuito Scacorum
Este circuito está formado por tres torneos diferentes, o primeiro é o de Semana Santa o  27 de abril, o 24 de maio é o torneo de Promoción  e finalmente o 8 de xuño é o torneo Festa Final.

Xadrez na Rúa e baúl viaxeiro
Entre os días 2 e 13 de xuño de luns a venres de 17 a 20 horas, co fin de dar alternativas aos nenos e nenas vaise levar unha serie de campañas de promoción do xadrez na Praza Maior.

Verán Lúdico
Xa nos meses de verán, entre o 1 de xullo e o 29 de agosto, de luns a venres, vaise a celebrar o Verán Lúdico para fomentar o xadrez durante as vacacións de verán dos nenos e nenas na piscina descuberta de Frigsa.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova