Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concelleiro de Servizos Xerais anunciou que está aberto o prazo para participar no terceiro Curso de Alfabetización Dixital


# Mércores, 09/04/2014
Esta acción forma parte dun programa de actividades que realiza a Oficina de Voluntariados do BBVA

Imaxe Asociada
Os interesados poderán inscribirse a través do teléfono de información 010


O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, acompañado por Daniel Miguel Fernández, Director de zona Lugo-Ourense do BBVA, e Francisco Martín Fernández, responsable da Oficina de Voluntarios do BBVA en Lugo, presentaron a terceira edición do curso de alfabetización dixital que se levará a cabo a través da Oficina de Voluntarios do BBVA.

Manolo Núñez explicou que con esta acción “o Concello quere promover entre as persoas máis maiores o acceso á informática básica e as novas tecnoloxías e este é un curso con moita demanda” ademais anunciou que nos próximos meses tamén colaborarán ambas institucións para facer un curso de economía doméstica.

Nesta edición que se celebrará entre o 5 e o 22 de maio poderán participar 15 persoas que cumpran como requisito básico para inscribirse nestes cursos o non ter ningún coñecemento previo sobre esta materia. Durante as tres semanas que dura o curso impartirase nocións básicas sobre informática, uso de internet e correos electrónicos, e redes sociais. O horario do curso será de luns a xoves de 18.30 a 20.00 horas e as persoas interesadas poden inscribirse a través do teléfono do 010.

As persoas que impartirán o curso son voluntarios en activo ou xubilados que desenvolveron as súas labores profesionais en postos relacionados coas novas tecnoloxías.

Durante a presentación do curso, Daniel Miguel, afirmou que “no BBVA estamos moi orgullosos desta iniciativa impulsada pola Oficina de Voluntarios do Banco, porque supón un claro exemplo do noso firme compromiso coa sociedade galega”.

Por outra parte, Francisco Martín, explicou que “somos voluntarios que estamos compostos por persoas en activo, xubilados e prexubilados. Esta acción de alfabetización dixital, forma parte doutros programas e accións que estamos desenvolvemos a nivel de España”.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova