Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A cidade de Lugo acolle o sábado 12 de abril a I Exposición de Camelias


# Mércores, 09/04/2014
 Terá lugar no Mercado de Abastos e durante todo o dias as persoas interesadas poderán desfrutar das variedades de camelias que achegan os 16 expositores

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, e o Presidente da Asociación do Mercado Municipal, Leonardo Zordán, e o representante da Asociación de Camelias de Galicia, Edmundo Novoa, presentaron esta mañá a I Exposición de Camelias en Lugo que terá lugar o próximo sábado dia 12 de abril.

Carmen Basadre explicou que a idea xurdiu por parte da Asociación do Mercado e considera que “é unha boa oportunidade para promocionar o Mercado e tamén a cidade de Lugo ademais no primeiro fin de semana da Semana Santa”. Neste sentido, sinalou que “é un atractivo máis para a cidade e estou segura que moitas persoas se achegarán ao longo do dia para desfrutar das flores da camelia”.

Durante toda a xornada os amantes desas prantas  e os curiosos que se acheguen poderán  desfrutar dos centos de variedades de camelias que reúnen 16 expositores chegados de toda Galicia. Estes coleccionistas mostraran variedades únicas deste pranta que ten unha flor efímera e tamén, algún deles, venderán prantas para aquelas persoas que queiran levar camelias, segundo explicou Edmundo Novoa.

O Presidente da Asociación do Mercado, Leonardo Zordán, comentou que a idea xurdiu  “para promocionar o Mercado e os produtos da terra como poden ser, ademais do que vendemos, as camelias, que son prantas moi comúns en Galicia pero con moito descoñecemento sobre elas”. Ademais tamén explicou que se poden inscribir para esta actividade os veciños e veciñas que teñan camelias e que queiran poñelas na exposición e que teñen que inscribirse na páxina web da Asociación Galega de Camelias.

Nesta actividade que tamén conta co apoio da Deputación de Lugo, participará a Fundación TIC, coa elaboración de material audiovisual segundo sinalou a deputada Regina Polín.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova