Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo adica 2,7 millóns de euros este ano a dar apoio ó tecido social


# Mércores, 09/04/2014

Os emprendedores de Lugo seguen agardando que a Xunta autorice a convocatoria de axudas do Concello por importe de 450.000 euros


O Goberno local pon en marcha novas medidas para seguir acurtando o prazo de pago a proveedores, que é de 7 días segundo o cómputo que fai a Xunta

O Concello destinará este ano 2,7 millóns de euros a apoiar o tecido social de Lugo, segundo informou o Voceiro do Goberno local, Luis Álvarez, na rolda de prensa na que deu conta dos acordos tomados este mércores pola Xunta de Goberno Local.

Ademais, Luis Álvarez explicou as novas medidas tomadas polo Concello de Lugo para axilizar máis aínda o prazo de tempo para o pago ós proveedores municipais.

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a actualización para este ano do III Plano Estratéxico de Subvencións do Concello de Lugo (2012-2015), dotado cun presuposto total de 2.743.946 euros, que se distribuirán para apoiar a veciños, entidades, colectivos e asociacións da cidade nos eidos dos servizos sociais, emprendemento, deporte, cultura, mocidade, muller, participación cidadá e urbanismo.

Luis Álvarez destacou que, lamentablemente, unha das convocatorias de subvencións, por importe de 450.000 euros destinados a axudar a emprendedores neste momento de dificultades económicas, segue paralizada á espera de que a Xunta de Galicia emita informe favorable, xa que a convocatoria tivo que ser paralizada coa entrada en vigor da Lei de administracións locais.

“Seguimos agardando que se nos diga se podemos ou non podemos axudar con 450.000 euros ós emprendedores de Lugo”, laiouse o Voceiro do Goberno local é a seguinte:

- Deportes 869.000 euros

- Cultura 125.500 euros

- Xuventude: 10.000 euros

- Muller: fomento do deporte feminino, ocio e actividades que fomenten a integración da    muller 27.100 euros

- Servizos Sociais 594.299 euros

- Participación Cidadá 129.500 euros

- Promoción do Emprego e Industria-Proxecto Urban:
 450.000 euros  para pequenas empresas (partida pendente da autorización da Xunta)
 320.000 euros para axudas ós locais de negocio e novas actividades económicas

- Urbanismo para axudas á rehabilitación 218.547 euros

Máis rapidez nos pagos

Luis Álvarez informou de que tamén se deu conta á Xunta de Goberno Local dun decreto do Alcalde, asinado o 31 de marzo, polo que se modifica unha das cláusulas sobre organización municipal.

Esta decisión tomouse co obxectivo de axilizar aínda máis o procedemento de tramitación e aprobación das facturas e para evitar atrasos ou incumprimentos do período medio de pagamento, que na actualidade se cifra só en 7 días de media dacordo co procedemento que segue a Xunta para facer o cálculo, o Alcalde acordou delegar na Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos o recoñecemento das obrigas e ordenación do pagamento de todas as facturas independentemente do servizo ou área do que procedan.

Para elo, modificouse a redación do punto oito no apartado de delegacións de Alcaldía que queda así: corresponderanlle á Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación o recoñecemento e liquidación de todas as obrigas así como a ordenación de pagos dos gastos, tanto se a súa autorización e disposición lle correspondese a outra área ou concellería como á Xunta de Goberno Local.

Pago de recibos on line

Outro acordo destacado, que se tomou fóra da orde do día, foi a licitación, cun presuposto inicial de 37.000 euros, para o desenvolvemento dun software para incorporar á Carpeta cidadá co fin de que o Concello ofreza novos servizos telemáticos ós veciños e veciñas.

O obxectivo desta contratación é poñer a disposición dos cidadáns de Lugo máis servizos municipais empregando as novas tecnoloxías e evitando desprazamentos e tempos de espera.

A principal novidade que permitirá poñer en funcionamento será o pago telemático de recibos, aínda que tamén se darán outras prestacións como a consulta on line do calendario fiscal.

Oferta de locais para asociacións

O Goberno local tamén aprobou hoxe as bases xerais e a convocatoria pública para o uso en precario de locias da Nave para asociacións que ten o Concello nop Parque da Milagrosa.

Nesa nave, o Concello dispón de dez locais e un salón, e convoca este procedemento para facilitarlle ás asociacións sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro municipal de asociacións cunha antigüidade mínima de dous anos que desenvolven a súa actividade no concello de Lugo e redunde en beneficio da súa cidadanía, un espazo axeitado para desenvolver as súas actividades e dar cumprimento ós seus fins estatutarios.

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no BOP. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello.

Urbanismo

Na área de Urbanismo, a Xunta de Goberno aprobou a declaración da situación de ruína técnica e urbanística dos inmobles situados na parte posterior do número 25 da rúa Castelao e ordénaselle ós propietarios do inmoble que, no prazo de tres meses, presenten un proxecto conxunto de demolición do referido inmoble.

Persoal

Na área de persoal aprobáronse as bases que rexerán o concurso, ó que poderán presentarse empregados/as do Concello, para a provisión de varios postos de traballo Concretamente trátase de cubrir as seguintes prazas: auxiliar administrativo de Persoal, auxiliar administrativo de Servizos Sociais, administrativo oficina de Augas e operario do Cemiterio municipal.

Ademais, acordouse o procedemento que se deberá seguir para a realización de hroas extraordinarias para realizar tarefas e reforzo de persoan en distintos servizos como son os de Policía Local, Parque Móbil  e Conserxería e tamén se acordou recibir un informe do Interventor Xeral que, entre outras medidas, propón pedir aclaración das consecuencias do novo marco competencial derivado da entrada en vigor da nova Lei de administracións locais.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                            





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova