Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O domingo 13 de abril celebrarase a segunda ruta periurbana do programa Lugo de Pedra en Pedra polas ribeiras altas do Miño


# Xoves, 10/04/2014
A saída trasládase á Ponte Romana ás 10:30 horas en lugar da Praza do Campo como estaba previsto

A inscrición está aberta e faise a través do teléfono 010 e tamén na Oficina Municipal de Turismo


O próximo domingo día 13 de abril terá lugar a segunda ruta periurbana denominada  As ribeiras altas, Miño arriba, enmarcada dentro do programa Lugo de Pedra en Pedra, e que comezará ás 10.30 horas con saída da Ponte Romana.
 
Esta ruta ten unha lonxitude aproximada de 12 quilómetros cunha dificultade baixa e está previsto que remate en torno ás 18.00 horas da tarde. Durante este tempo realizaranse diferentes paradas para aplicar técnicas de observación directa de pedras e minerais e os participantes recibirán as explicación necesarias por parte dun xeólogo.
Tamén se debe lembrar que as persoas participantes deberán levar bebida e comida para o xantar.
 
Por outro lado, o próximo sábado 26 de abril entre as 11 e as 13 horas no MIHL desenvolverase a segunda sesión do Clube de Lectura xeolóxico no que se escolleu a novela Febre do escritor galego Héctor Carré para traballar sobre o seu contido. A esta actividade poden achegarse calquera interesado na literatura e na xeoloxía.

A inscrición está aberta para todas as actividades do programa e faise a través do teléfono 010 ou 982 297 350 para chamadas desde fóra de Lugo e tamén na Oficina Municipal de Turismo, situada na Praza do Campo, 11 ou no teléfono 982 251 658.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova