Cargando....
Concello de Lugo
19/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Este sábado terá lugar o primeiro curso de copilotaxe impartido polo copiloto lucense Diego Vallejo


# Xoves, 10/04/2014
Este curso, organizado dentro das actividades do +Xti,  tivo un gran éxito de acollida xa que se cubriron todas as prazas dispoñibles o primeiro dia de prazo

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que este sábado 12 de abril terá lugar o primeiro curso de copilotaxe impartido polo prestixioso copiloto lucense Diego Vallejo e que se enmarcan dentro das actividades do +XTI, financiado con fondos do Plan Nacional sobre drogas.

Neste curso participarán 25 mozos e mozas lucenses de entre 16 e 35 anos e amantes do motor que terán a oportunidade de aprender tanto en clases teóricas como prácticas os segredos do motor. Así, o sábado entre as 09:30 e as 13.30 horas e as 16.30 e 20.30 horas  no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra terán lugar as clases teóricas, e o domingo, no Circuíto da Pastoriza, terán lugar as prácticas entre as 10:00 ás 14:00 horas.

Este curso tivo unha gran acollida, porque na primeira mañá que se abriu o prazo de inscricións xa se cubriron todas as prazas dispoñibles. A área de Xuventude do Concello, atendendo a demanda deste curso, volverá a organizar unha nova edición deste curso de copilotaxe na que as persoas que quedaron en lista de agarda terán preferencia para asistir ao mesmo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova