Imprimir

ESTUDANTES DA CIDADE DE PONTOISE EN FRANCIA VISITARON O CONCELLO DE LUGO CON MOTIVO DO SEU INTERCAMBIO CO COLEXIO FINGOI


10/4/2014

O Alcalde accidental, Luis Álvarez, recibiu esta mañá a un grupo de 25 alumnos e alumnas do centro Lycée Camille Pissarro, da localidade de Pontoise ao norte de Francia.

Esta visita forma parte da segunda parte do intercambio cultural que se está realizando entre o Colexio Fingoi e o Lycée Camille Pisarro e que permite que estudantes galegos e franceses melloren os seus niveis en linguas estranxeiras.

Luis Álvarez manifestou que “como docente sei o importante que é a formación do alumnado tanto dentro como fora das aulas xa que son experiencias que eles acumulan e das que aprenden a relacionarse co entorno”. Neste sentido tamén manifestou a importancia deste intercambios para que os estudantes coñezan outros países próximos, outras linguas e outras culturas.