Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Luis Álvarez inaugurou a exposición científica Phanomenta que xa visitou numerosos paises de Europa


# Xoves, 10/04/2014
A exposición poderase ver ata o 19 de abril no Centro Comercial As Termas

Imaxe Asociada
O Alcalde accidental, Luis Álvarez, asistiu esta mañá á inauguración de PHANOMENTA, unha exposición no que se poderá experimentar con diferentes fenómenos físicos que organiza o Centro Comercial As Termas e que xa visitou máis de 100 centros comerciais por toda Europa.

Luis Álvarez destacou que “é unha boa oportunidade para que os nenos e nenas de Lugo poidan desfrutar da ciencia sen ter que desplazarse a outros lugares máis lonxanos e que ademais o poidan facer mentres os pais e nais fan as súas compras”. Ademais destacou a importancia de achegar a ciencia a todas as persoas de maneira que poidan ter un contacto máis próximo e que “descubran ese gusto por coñecer a explicación de moitos dos fenómenos naturais que nos rodean”.

A exposición Phanomenta permite facer un percorrido por 23 activiades diferentes nas que se invita aos visitantes a que comproben de primeira man como funcionan as leis físicas da Natureza como a gravidade, a velocidade ou o equilibrio. Todas as actividades contan coa supervisión dun monitor que desvela as claves de cada un dos fenómenos naturais. Este é un proxecto creado polo Centro de Investigación más antigo de Alemaña, Phanomenta Flensburg, e a Universidade de Flensburg.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova