Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Do 11 ao 13 de abril disputarase o VI Open Galego de Dardos Electrónicos


# Xoves, 10/04/2014
Nesta edición está previsto que participen máis de 200 persoas de todo Galicia

A Concellería de Deportes informa que entre os dias 11 e 13 de abril disputarase na cidade de Lugo o VI Open Galego de Dardos Electrónicos. Nesta edición está previsto que participen máis de 200 persoas de todo Galicia.

O venres 11 de abril ás 21:30 horas comezará o campionato cun Open Parellas cegas, aberto a todos os xogadores que queiran participar, a modalidade será cambo 501-Criket.

O sábado 12 de abril a modalidade será Individual cambo Criket-501 en tres categorías, ás 10:15 Categoría B-C e ás 10:45 a categoría A. Ás 15:30 disputásense as finais da VII edición do Ranking 301 máster out, aro estreito, esta modalidade é pechada só para os 40 finalistas clasificados, onde competirán polo primeiro posto. Ás 20:30 open Parellas feitas, 2 niveis de xogo, modalidade cambo Criket- 501.

O domingo 13 de abril ás 10 da mañá disputásese a modalidade de equipos, só poderán xogar os clasificados, das súas respectivas rexións, onde o gañador de cada categoría será clasificado a disputar o II IBERIA PHOENIX, que se celebrará en Portugal do 30 de maio ao 1 de xuño, onde participarán os mellores xogadores de toda España e de Portugal.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova