Cargando....
Concello de Lugo
06/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O MIHL acolle unha exposición sobre a historia do Día das Letras Galegas


# Venres, 11/04/2014
O Alcalde anima ós lucenses a visitar a mostra organizada polo Parlamento de Galicia como homenaxe ós protagonistas do Día das Letras Galegas dende a súa creación, en 1963

A mostra itinerante “51 páxinas das nosas letras” poderase visitar en Lugo ata o día 30 de abril

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participaron esta tarde na inauguración da exposición “51 páxinas das nosas letras” que presidiu a Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo. No acto, celebrado no Museo Interactivo da Historia de Lugo, tamén participou o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez.

O Alcalde de Lugo eloxiou esta iniciativa do Parlamento galego coa que se trata de render unha homenaxe ós principais persoeiros da literatura galega, achegándoos a todos os galegos mediante unha exposición que está a recorrer distintas cidades e vilas de Galicia.  

López Orozco destacou que é unha ledicia darlle a benvida a esta exposición e, para o Concello, é un honor ofrecer as magníficas instalacións do MIHL como acubillo da mostra que tributa un recoñecemento ós nosos mellores autores. 

O Alcalde aproveitou para animar a todos os lucenses a visitar a esta exposición conmemorativa da historia do Día das Letras Galegas, que permanecerá na nosa cidade ata o día 30 de abril. 

Esta mostra foi organizada polo Parlamento de Galicia, coa colaboración da Real Academia Galega e a Consellería de Cultura, para lembrar ós autores homenaxeados no Día das Letras Galegas dende a súa instauración, no ano 1963.

A exposición está integrada polas Medallas das Letras Galegas, pertencentes á colección de arte do Parlamento, obra do debuxante e caricaturista Siro López e do escultor Manuel Ferreiro Badía e que  reproducen a faciana dos homenaxeados cada ano no Día das Letras Galegas.

A mostra complétase con paneis nos que se recollen datos biográficos e das principais obras dos autores, así como coa proxección dun vídeo divulgativo sobre a historia da celebración do Día das Letras Galegas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova