Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A II Concentración Moteira Beiras do Miño terá lugar os días 18, 19 e 20 de abril no Pazo de Feiras e Congresos


# Venres, 11/04/2014
Dentro do programa de actividades destaca a Feira da Moto 2014 e a actuación da orquesta Panorama, El Pirata, Sherpa e Riff Raff

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Xerente do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López, presentaron a segunda edición da Concentración moteira Beiras do Miño que terá lugar os días 18, 19 e 20 de abril de 2014.

Nesta segunda edición, na que se une a feira da moto e bicicleta co concentración motera Beiras do Miño haberá unha exposición coas últimas novidades e innovación do mundo da moto e da bicicleta repartidas en máis de 12.000 metros cadrados. Ademais tamén se acompañará cun amplo programa de de actividades como concertos, actividades infantis, ou espectáculos de trial e motocross. Na organización deste evento tamén participan máis de 20 clubes motoristas de toda a provincia de Lugo.

Carmen Basadre indicou que “esta actividade é un motivo máis para que moitas persoas amantes do motor se acheguen a Lugo e coñezan a nosa cidade ademais de desfrutar das actividades que teñen preparadas para eles.

Ademais, todas as persoas que se inscriban para asistir á Concentración poderán desfrutar de diversas actividades exclusivas como zona de concertos, exhibicións, aparcamento ou acampada. Para máis información no teléfono 982.285.200 ou no 661.550.469.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova