Cargando....
Concello de Lugo
01/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Acaba o prazo para consultar o Censo Electoral para as eleccións ao Parlamento Europeo


# Luns, 14/04/2014
O censo está exposto nas Oficinas Municipais ata as 14 horas

Hoxe remata o prazo de exposición pública do censo electoral, que se pode consultar, dende o luns pasado, nas Oficinas Municipais, sitas na Ronda da Muralla 197. O obxectivo é que todos os veciños e veciñas da cidade poidan comprobar a corrección dos seus datos nas listas de votación e, en caso de erro, poder facer as reclamacións oportunas.

A consulta das listaxes, que se deberá realizar persoalmente, é un trámite necesario e convinte para toda a cidadanía como garantía do seu exercicio de dereito ao voto nas vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo que terán lugar o día 25 de maio.

O horario de consulta pecharase ás 14:00 horas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova