Cargando....
Concello de Lugo
06/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza visitas guiadas gratuitas para coñecer a cidade durante a Semana Santa


# Luns, 14/04/2014
Todos os días ás 12 horas dende a Praza do Campo sairá unha guía oficial que acompañará aos interesados polos diferentes museos e monumentos

A Concelleria de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, organiza un novo programa de visitas guiadas durante a Semana Santa para que veciños e veciñas e turistas poidan coñecer os museos e os monumentos cos que conta a cidade de Lugo.

Así, ata o domingo 20 de abril, todos os días ás 12 horas haberá unha visita guiada gratuíta a cargo dunha guía oficial de turismo que terá como punto de partida a Praza do Campo. Esta actividade ten como finalidade a difusión dos principais monumentos, os museos e os recunchos máis fermosos da cidade.
 
O número de prazas é de 25 persoas por visita e a inscrición farase na Oficina Municipal de Turismo.

Terras de Auga e Cultura

Ademais de estas visitas, o xoves 17 e o venres 18 de abril, dentro do programa Terras de Auga e Cultura tamén se levarán a cabo unha ruta guiada por Santalla de Bóveda e San Pedro de Mera, e o venres unha ruta circular por As Ribeiras Altas do Miño acompañados por un biólogo. Os interesados poderán inscribirse a través do 010 ata o mércores 16 de abril.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova