Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un ano máis o Concello de Lugo e a Armada estreitan os seus vínculos nos actos con motivo de Luns Santo


# Luns, 14/04/2014
O Alcalde e o Almirante Xefe do Arsenal Militar de Ferrol presidiron os actos da mañá, ós que tamén asistiron diferentes autoridades lucenses

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O desfile correu a cargo dunha escuadra de gastadores, unha sección de honores do Tercio Norte e a unidade de música

Pola tarde a Armada participará na procesión da Virxe da Esperanza que percorre as rúas do Casco Histórico


O Concello de Lugo e a Armada de Ferrol renovaron esta mañá os lazos que unen a ambas institucións dende hai máis de 60 anos na organización dos actos de Luns Santo escoltando á Virxe da Esperanza.

Esta vinculación remóntase aos primeiros anos da Guerra da Independencia, cando en 1809 o Tercio Norte tomou parte activa na defensa da cidade de Lugo, derrotando aos franceses no sitio actual das Gándaras, evitando así a súa toma polas tropas de Napoleón. Máis tarde, en 1953, o entonces Ministro de Marina recibiu en nome da Armada o título de Irmán Maior Honorario da cofradía da Virxe da Esperanza momento dende o que a Armada participa ininterrumpidamente nos actos da Semana Santa de Lugo escoltando na súa procesión a Virxe da Esperanza. Neste sentido, tamén renovou, un ano máis, o seu apoio á Semana Santa de Lugo coa parada militar que se celebrou esta mañá na praza Maior e da que poideron desfrutar numerosos lucenses.

Os actos comezaron na Casa do Concello, onde o Alcalde, José López Orozco, acompañado polo Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, a Vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez, e o resto da Corporación municipal recibiron ás autoridades. Deseguido, as autoridades civís trasladáronse aos soportais da praza Maior, onde estaban formadas as tropas, compostas por unha escuadra de gastadores, a unidade de música, un cornetín de órdenes do Tercio do Norte, dúas seccións de Honores do Tercio do Norte e unha do Arsenal Militar.

Diante da Casa do Concello o Alcalde e o resto das autoridades civís recibiron ó Almirante Jefe da Armada de Ferrol,  Almirante Manuel Garat Caramé, que encabezou a representación militar. Despois de pasar revista ás tropas e saudar ás autoridades civís, o Almirante e o Alcalde presidiron a tradicional parada militar.

Unha vez rematado o desfile, que foi presenciado por un número importante de persoas, as autoridades acudiron ó despacho da Alcaldía, no que López Orozco, deu a benvida aos membros da Armada e sinalou que “un ano máis é un pracer ter na nosa cidade á Armada española”. Tamén lembrou que “a cidade de Lugo non ten mar e que por iso nos sentimos orgullosos de que os membros da Armada acompañen aos lucenses durante a Semana Santa” por invitación da Confraría da Virxe da Esperanza, que tamén tomou parte nos actos da mañá cunha representación encabezada polo seu Irmán maior, Isabel Lagares.

Pola súa parte, o Almirante Xefe da Armada dixo que “a Armada está encantada da amabilidade da cidade de Lugo cara nós”. Dixo, ademais, que “con esto o que pretendemos é perpetuar unhas relacións estreitas e fraternais entre as dúas cidades para que os veciños de Lugo sintan como propia a base naval de Ferrol.”

Xa pola tarde, ás sete e media terá lugar a recepción ás autoridades no Concello e ás 20.30 está programada a saída da procesión da Virxe da Esperanza da Igrexa da Nova. O itinerario da procesión que organiza a Insigne Confraría da Virxe da Esperanza recorrerá a praza de Anxo Fernández Gómez, Campo Castelo, Ronda da Muralla, Bispo Aguirre, fondo da Praza Maior, Conde Pallares, Santo Domingo, Raíña, Praza Marior (diante do Concello) e rematará na praza de Anxo Fernández Gómez.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova