Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A cidade de Lugo acolle a preestrea mundial do filme A Tropa de Trapo dirixida ao público infantil entre 2 e 6 anos


# Martes, 15/04/2014
O Alcalde de Lugo salientou a importancia de acoller este evento que ademais conta coas voces de nenos e nenas de Lugo

Imaxe Asociada
O acto terá lugar o domingo 20 de abril no Auditorio Gustavo Freire ás 18 horas e con entrada gratuita


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola produtora Chelo Loureiro de Abano Producións, a profesora de canto de Fingoi, Pilocha, e o Xerente de Agadic, Jacobo Sutil, presentaron o preestreo mundial da película A Tropa de Trapo na Selva do Arco da Vella, que terá lugar o domingo 20 de abril ás 18.00 horas no Auditorio Gustavo Freire e a entrada será gratuita.

López Orozco destacou que “é un orgullo para a cidade de Lugo ser a sede deste preesteno mundial dunha película de animación tan especial e na que participan nenos e nenas da cidade que cantan en galego”. Ademais tamén lembrou que o cine é unha boa maneira de ensinar valores e coñecementos e sinalou que “esta película vaise a estrear en varios países nas súas linguas propias pero a banda sonora que está en galego non se traducirá en ningún lugar “.
 
A Tropa de Trapo é un filme de 75 minutos realizado pensando nos nenos e nenas máis pequenos, os que teñen entre 2 e 6 anos, para que desfruten das aventuras dun grupo de amigos que intentan devolver as cores ao Arco da Vella. O seu estreo nos cines será o 30 de abril. Unha das peculiaridades deste filme é que a banda sonora desta película está realizada por alumnos da Escola de Canto do Colexio Fingoi, dirixidos pola profesora Pilocha, que ademais compuxo a letra.

“Esta é unha película que está dirixida para un público concreto que normalmente non poden dispoñer de películas adaptadas a súa idade e na que se cuida a historia e as personaxes para que os máis pequenos poidan desfrutar non teñan medo en ningún momento” segundo explicou Chelo Loureiro, sobre o filme dirixido por Álex Colls.

A Tropa de Trapo é un grupo de irresistibles mascotas que intentarán seducir aos máis pequenos da casa e atrapalos nunha divertida aventura que, ademais de entretelos, os axude a consolidar valores como a solidaridade e o respecto ao medio ambiente. Nesta ocasión, a Tropa viajará ata a Selva do Arcoíris para axudarlle a recuperar as súas cores xa que, debido ao mal que tratamos ao noso planeta, se estaban apagando e perdendo o seu brillo orixinal.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova