Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello informa ós veciños sobre os impostos municipais coa distribución de 70.000 exemplares da Guía do Contribuinte


# Martes, 15/04/2014
Sonia Méndez destaca que Lugo é unha das cidades coa carga impositiva máis baixa porque en seis anos só se actualizaron unha vez os impostos municipais.

Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, presentou hoxe a Guía do Contribuinte, que recolle o calendario anual para o pagamento dos impostos municipais, así como as distintas bonificacións que lles ofrece o Concello a distintos colectivos de contribuíntes.

Sonia Méndez lembrou que nos últimos 6 anos os impostos municipais só se actualizaron nunha ocasión, no ano 2012, e levan o resto do tempo conxelados. Por iso, sinalou, Lugo está entre as cidades cos impostos máis baixos, segundo datos de organismos alleos ó Goberno local como son a Axencia Tributaria do Concello de Madrid ou a Organización de Consumidores e Usuarios.

O Concello repartirá este ano 70.000 exemplares da Guía do Contribuinte por todos os domicilios, tanto na cidade como na zona rural, co obxectivo de que os veciños e veciñas teñan información detallada sobre os tributos que deben pagar e, tamén, sobre os distintos beneficios fiscais ós que se poden acoller, cuestión de gran importancia xa que para acollerse á maioría das bonificacións é necesario presentar unha solicitude.

Ademais de ofrecer información sobre os períodos de pagamento dos impostos municipais, a Guía do Contribuinte tamén inclúe as datas nas que se realizarán os cargos bancarios no caso dos recibos que estean domiciliados.

Precisamente, a principal novidade do calendario fiscal municipal este ano é o adianto nun mes da data na que se fará o cargo dos recibos domiciliados da auga. O adianto débese á necesidade de cumprir cos prazos para liquidarlle á Xunta o cánon da auga.

“O motivo fundamental do adianto é que queremos cumprir coa obriga de liquidar en prazo o cargo do cánon da auga”, explicou Sonia Méndez e tamén sinalou que este cambio permitiu facer máis escalonado o calendario fiscal municipal, xa que o pago de tributos queda repartido en 8 meses no lugar dos 5 meses anteriores.

Con este cambio, os recibos domiciliados da auga cargaranse nas seguintes datas: 5 de maio, o primeiro trimestre; 5 de agosto, o segundo trimestre; 5 de novembro, o terceiro trimestre e 5 de febreiro, o cuarto trimestre. 

O adianto na data de cobro dos recibos domiciliados da auga fará que non coincida co primeiro cobro fraccionado dos recibos domiciliados do Imposto de Bens Inmobles, que se pasará ó cobro os días 5 de xuño e 5 de setembro.

Como xa se anunciou días atrás, o prazo de pagamento en vía voluntaria do IBI comezará o día 21 de abril e rematará o 20 de xuño. Este ano, o Concello porá ó cobro 102.179 recibos do IBI por un importe total de 20.784.113,01 euros. Esta cifra supón un aumento nas previsións de recadación de 500.000 euros, que se debe ó crecemento das altas tramitadas, máis de 1.000, boa parte delas pola labor de detección de inmobles que os propietarios non deran de alta no catastro.

No caso do IBI, o Concello de Lugo ofrece unha serie de bonificacións das que se poden beneficiar, entre outros colectivos, os titulares de vivendas de protección oficial e as familias numerosas, sempre e cando así o soliciten os beneficiarios.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova