Imprimir

O ALCALDE PRESIDIU A RECEPCIÓN NO CONCELLO ÓS MANDOS DO EXÉRCITO QUE PARTICIPAN NA PROCESIÓN DO BO XESÚS E DO NAZARENO DESTA TARDE


15/4/2014

O Alcalde, José López Orozco, presidiu esta tarde a recepción que lle ofreceu o Concello ós mandos do Exército de terra que participan na Procesión do Bo Xesús e do Nazareno, no que tamén participaron varios membros da Corporación municipal ademais doutras autoridades.

López Orozco obsequiou cun libro sobre a historia de Lugo ó Tenente coronel Angel Ramos García, xefe do Grupo loxístico da Brigada de infantería lixeira aerotransportable Galicia VII, con base en Figueirido, que encabezou ás tropas, en representación do Xeneral Xefe da Rexión Militar Noroeste.

Pola súa parte, a Confraría do Bo Xesús e do Nazareno entregoulle un obsequio á Banda da Brilat, como sinal de agradecemento polos 15 anos ininterrumpidos que leva viaxando a Lugo para participar nesta procesión

O acto, celebrado na Casa do Concello, como é tradicional na Semana Santa de Lugo,  tivo lugar antes da participación das tropas do Exército de terra na procesión do Bo Xesús e do Nazareno, que comeza ás 20.30 na Catedral para percorrer de seguido o itinerario formado por Praza Pío XII, Bó Xesús, Praza de Santa María, Praza Maior, Armanyá, Santo Domingo, Rúa da Raíña, Praza Maior, Casas Nóvoa, Deán Varela, rúa dos Clérigos e Catedral.