Imprimir

O GOBERNO LOCAL CONVOCA Ó PP A UNHA XUNTANZA PARA NEGOCIAR OS INVESTIMENTOS MUNICIPAIS PARA ESTE ANO


16/4/2014 Aínda que o Alcalde citou ó Voceiro do PP para o luns, a xuntanza celebrarase o xoves por problemas de axenda de Castiñeira

O Goberno local reunirase a semana que vén co Partido Popular para negociar as dúas fases do Plan de investimentos deste ano, que se financiarán con remanentes económicos do Concello.

O Alcalde, José López Orozco, chamou hoxe ó Voceiro do Grupo municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, para citalo a unha xuntanza negociadora o vindeiro lunes pero, por motivos de axenda do Voceiro do PP, a reunión quedou fixada para o xoves, día 24.

O Alcalde anunciou públicamente a convocatoria formal de reunións negociadoras coa oposición co obxectivo de remover calquera atranco que puidera impedir que saian adiante as distintas inversións que está en disposición de acometer este ano o Concello dentro das dúas fases do Plan municipal de investimentos, nas que se inclúen actuacións tanto na cidade como na zona rural.

Como se lembrará, a primeira fase do Plan de investimentos, na que figuraban partidas como as destinadas á compra dunha escaleira para os Bombeiros ou ó arranxo das goteiras na cuberta do Centro social da Milagrosa, non puido sair adiante no Pleno da semana pasada polo voto en contra da oposición municipal.