Cargando....
Concello de Lugo
30/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A cidade de Lugo estreou o terceiro taxi adaptado sendo a primeira en Galicia en contar na flota de taxis cun 5% de vehículos adaptados


# Mércores, 16/04/2014
O Alcalde manifestou que as persoas con discapacidade disporán dun servizo de taxi adaptado durante as 24 horas do día os 365 dias do ano

Imaxe Asociada
Ademais o Concello de Lugo dispón dunha liña de axudas denominada bono-taxi dirixida a usuarios deste tipo de vehículos adaptados



O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, visitaron esta mañá o terceiro taxi adaptado que xa está funcionando na cidade de Lugo. Na visita tamén estiveron presenten membros de Auxilia e da Asociación de Taxis de Lugo que sinalaron a boa acollida desta nova medida.

Desta maneira, o Concello de Lugo, será o primeiro de Galicia que cumpla coa ratio de taxis adaptados en relación ao total que se aconsella na lei autonómica de accesibilidade e supresión de barreiras.

López Orozco destacou que “con este novo taxi adaptado as persoas con movilidade reducida poderán dispoñer dun vehículo durante as 24 horas os 365 días do ano o que garante unha maior igualdade en servizos” e lembrou que “o Concello de Lugo leva moitos anos traballando na eliminación de barreiras tanto arquitectónicas como de servizos para todos os lucenses poidan ter igualdade de condicións”.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade explicou que debido ao incremento de solicitudes dos servizos dos taxis adaptado o Concello considerou a necesidade de ampliar o servizo mediante unha subvencion nominativa de 6.500 euros en total para a adaptación destes tres vehículos.

No mesmo sentido, tamén explicou que existen unhas axudas para os usuarios destes taxis adaptados, o bono-taxi, e que cubre ata 800 euros por persoa e ano e para o cal o Concello de Lugo dispón dun orzamento de 8.000 euros.

As cifras de usuarios no servizo de taxi adaptado aumentaron nos últimos anos polo que co incorporación deste vehículo os usuarios deste servizo terán unha maior disponibilidade horaria. No 2012 atendíase unha media de 5 servizos diarios e un total anual de, aproxidamente 1.650 anuais que no ano 2013 pasaron a ser unha media de 8 servizos diarios que por 330 días acadan un total de 2.640 servizos anuais; destes, entre un 70 e un 80% realizanse a mulleres o que representan un incremento considerable de estes taxis.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova