Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello colabora coa Asociación Terras de Lugo na dinamización económica da zona rural


# Luns, 21/04/2014
A asociación, que subvenciona a creación de empresas no rural con fondos europeos, traballará no CEI-Nodus

Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, anunciou hoxe que o Concello de Lugo colabora coa Asociación Terras de Lugo coa cesión gratuíta dun local nas instalacións do Centro de Empresas e Innovación para que desenvolva o seu traballo a prol da dinamización económica da zona rural.

A Concelleira deu conta deste acordo nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo Vicepresidente da Asociación Terras de Lugo, Manuel Muñiz, e polo xerente desta entidade, Antonio Figueroa.

Méndez explicou que a cesión deste local no CEI-Nodus, de xeito temporal e grauíto, prodúcese porque o Concello e a asociación comparten o obxectivo de promover o emprendemento na zona rural.

“É fundamental neste tempo de crise económica  e de altas taxas de desemprego que apoiemos todo o que poidamos ós emprendedores e, por iso, o Concello e a Asociación Terras de Lugo unimos os nosos esforzos para dar apoio, asesoramento e acompañamento inicial ós emprendedores”, salientou Sonia Méndez.

A Concelleira lembrou que o CEI non só actúa como motor do emprendemento para a zona urbana senón tamén no medio rural e destacou que “o CEI estase a converter no centro de referencia para todos os emprendedores”.

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo dispón na actualidade dunha Unidade específica adicada ó desenvolvemento rural e tamén se ten en conta este sector na planificación de actividades de formación, coa introducción de programas  específicos orientados  á zona rural en materias como turismo activo, elaboración de derivados lácteos ou mantemento de zonas verdes, co que se pretende axudar a dar saídas laborais e á creación de empresas en sectores vinculados ó medio rural.

Ademais, Sonia Méndez informou de que, dos 339 proxectos asesorados no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo, 52 deles se corresponderon a emprendedores procedentes doutros concellos rurais da provincia.

Por elo o Concello de Lugo considera importante a colaboración coa Asociación Terras de Lugo, que atende a emprendedores de todo o contorno, xa que funciona como Grupo de Desenvolvemento Rural que xestiona fondos do programa Líder da Unión Europea.

Esta asociación, que funciona como GDR dende 2009, subvenciona a creación de empresas tanto na zona rural do noso concello como no de outros limítrofes e, neste tempo, leva tramitados 84 expedentes de proxectos empresariais, algúns deles derivados dende o CEI-Nodus.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova