Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo acolle a presentación da 51º Feira de viño do Ribeiro


# Luns, 21/04/2014
A cita enogastronómica celebrarase entre os días 2, 3 e 4 de maio no Concello de Ribadavia

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo destacou a importancia de colaborar entre institucións para a promoción dos diferentes eventos de cada un dos Concellos


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde do Concello de Ribadavia, Marcos Blanco Jorge, o Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Miguel Ángel Viso Diéguez, presentaron a 51º edición da Feira do Viño do Ribeiro que se celebrará os días 2, 3 e 4 de maio. No acto tamén estiveron presentes a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Cultura e Turismo do Concello de Ribadavia, José Prieto Pérez.

López Orozco sinalou a importancia da colaboración entre concellos para “promocionar as nosas festas como é esta Feira do viño do Ribeiro ou como o noso Arde Lucus en Ribadavia”. Neste sentido amosou a súa admiración por unha denominación das máis antigas de España e que “de maneira conxunta con colleiteiros e enólogos conseguiron recuperar o prestixio desta variedade de viño”.

O Concello de Ribadavia e o Consello Regulador da Denominacion de Orixe Ribeiro, presentaron a Feira do viño en Lugo coa intención de atraer novos visitantes durante eses días e porque “Lugo é un referente na boa comida e no bo viño” segundo destacou o Alcalde de Ribadavia.

Durante os días da Feira do viño do Ribeiro levaranse a cabo diferentes actividades das que destacan as enogastronómicas que se realizarán durante os días 3 e 4 de maio. Nelas Diego López e Rafael Centeno alternarán diferentes showcooking e talleres de creatividade nos que se potenciará o viño de Ribeiro tanto en cociña como en repostería.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova