Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A XI Semana Internacional de Maxia de Lugo contará con máis de 60 actos entre os días 4 e 10 de maio


# Luns, 21/04/2014
Haberá diferentes actividades polas rúas da cidade ademais de tres galas no Auditorio Gustavo Freire

Imaxe Asociada
Como novidade faranse representacións no Museo Interactivo da Historia de Lugo e na Ponte Romana

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Manuel Lamas, Presidente do Colectivo Máxico Waldemar que aglutina aos magos de Lugo, e os Magos Rafa e Teto, presentaron a XI edición de Lugo Máxico, a Semana Internacional de Maxia de Lugo.

Desta maneira, Lugo, converterase na capital galega da maxia entre o 4 e o 10 de maio onde se darán cita máis magos chegados de diferentes partes do mundo e que farán máis de 60 espectáculos en diferentes espazos da cidade.

Carmen Basadre destacou que “esta edición vai estar dirixida a un público infantil e levaranse a cabo diversas actuacións en centros de convivencia para que maiores e pequenos se volvan a ilusionar cos trucos de maxia” ademais sinalou que “é un festival consolidade que atrae a moitas persoas doutras cidades que veñen desfrutar da mellor maxia a Lugo”.

Pola súa parte, o Mago Rafa, explicou que este ano haberá varias novidades como o espectáculo que se vai a realizar na Ponte Romana o xoves 8 de maio a partir das 21.00 horas ou no MIHL. Outra novidade importante é que de luns a xoves ás 11.00 horas haberá maxia para escolares no Auditorio Gustavo Freire para os colexios que teñan reservado.

Durante toda a semana, magos chegados de lugares como Arxentina ou Estados Unidos farán as delicias de todos os lucenses, que poderán disfrutar de máis de 60 actuacións repartidas por toda a cidade. Haberá actuacións de rúa na Praza Maior, na carpa máxica situada na Praza de San Marcos, no MIHL, en Augas Férreas, no Parque da Milagrosa, na Praza da Milagrosa e na praza do Castiñeiro, así como no Hospital Lucus Augusti, nos Centros de Convivencia Uxio Nononeyra, Maruja Mallo e Antonio Gandoy, nas catro Escolas Municipais Infantis, no Mesón do Forno, en Aspnais, no local da asociación Alume e na Ponte Romana.

Galas no Auditorio

A XI Semana Internacional de Maxia de Lugo, arrincará o próximo 4 de maio no Auditorio Municipal Gustavo Freire, cunha Gala Infantil a cargo do mago Adrian Conde, considerado un dos mellores magos infantis de España, e que presenta o espectáculo Piccolo Camerino. Será ás 18:00 horas e terá un prezo de 5 ou 7 euros dependendo da zona.

Gala Unipersonal Jeff Toussaint será o venres 9 de maio ás 21:00 horas a cargo do hipnotista Jeff Toussaint, que triunfa mundialmente co seu espectáculo de hipnotismo e é a primeira vez que en Lugo se poderá ver unha actuación deste tipo. A entrada terá un prezo de 8 ou 10 euros dependendo da zona.

Finalmente, o sábado 10 de maio, terá lugar a Gran Gala Internacional Lugomáxico 2014 ás 21:00 horas. Unha vez máis unha gala espectacular cunha selección dos mellores magos do mundo chegados de diferentes partes do planeta para amosarnos a mellor maxia que se pode ver nestes momentos. Participarán os magos Luis de Matos, Marcos Escudero, Eduardo Galeano, Roy Gadner and James, N.Galán, David Willianson e Les Chapeaux Blancs. O prezo das entradas será de 12 ou 10 euros dependendo da zona pero en todos os casos poderanse mercar a través da web servinova.com e no propio Auditoro dende 90 minutos antes do comezo do espectáculo.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova