Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A cidade de Lugo acollerá do 23 ao 27 de xuño o II Campus de Verán Científico Técnico dirixido a estudantes preuniversitarios


# Luns, 21/04/2014
O programa, que nesta edición contará con servizo de aloxamento para favorecer a participación de alumnado foráneo, ofrece 90 prazas para estudantes de ESO e BAC

Imaxe Asociada
O Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, o Vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, a Vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo, Lara Méndez, e a profesora da USC, Mercedes Novo Rodríguez, presentaron esta mañá o II Campus de Verán Científico Técnico Lugo  que se vai a desenvolver a finais de xuño en Lugo.

O campus universitario de Lugo acollerá entre o 23 e o 27 de xuño a segunda edición do Campus de Verán Científico Técnico, un programa organizado e promovido polo profesorado da sede universitaria luguesa en colaboración coa Vicerreitoría de Coordinación. Con esta actividade pretendese achegar a realidade universitaria, así como a oferta de estudos e servizos da USC e as investigacións desenvolvidas a estudantes de ensino secundaria e bacharelato a través dun ameno programa de aprendizaxe e convivencia e para o que se ofertan un total de 90 prazas.

Unha das novidades do II Campus de Verán Científico Técnico Lugo, unha iniciativa que o pasado ano non puido atender o elevado número de solicitudes rexistradas, vén dada pola oferta de servizo de aloxamento en Lugo, unha alternativa aberta a todos/as os/as interesados/as, pero pensada para atraer a participantes procedentes doutras localidades galegas e de fóra de Galicia, tal e como se puxo de manifesto este luns na presentación do programa, no que colaboran uns 80 docentes.

Esta nova edición do Campus de Verán Científico Técnico Lugo mantén os mesmos obxectivos cos que naceu e que pasan por divulgar e achegar ao estudantado preuniversitario as titulacións científicas, técnicas e de ciencias sociais e Humanidades, así como a investigación desenvolvida nos distintos centros do campus de Lugo. Dar a coñecer a ciencia e a tecnoloxía desenvolvida na sede universitaria luguesa mediante a organización de talleres e o desenvolvemento de proxectos científicos e técnicos que teñan como protagonistas aos estudantes de ESO e Bacharelato.

Programa, escenarios e actividades

As distintas actividades incluídas no II Campus de Verán Científico Técnico Lugo desenvolveranse en quenda de mañá e tarde, en horario de 9.30 a 18.00 horas, nas facultades de Ciencias, Humanidades e Veterinaria, así como na Escola Politécnica Superior de Lugo. As visitas aos distintos laboratorios de investigación e servizos do campus de Lugo e a centros colaboradores (Biblioteca, CACTUS, Aula de Produtos Lácteos e laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia), e a realización de actividades prácticas e de talleres relacionados coas titulacións científicas e técnicas do campus de Lugo centran as actividades programadas polos organizadores do campus en quenda de mañá.

Polas tardes, os/as alumnos/as inscritos/as no programa, repartidos en grupos pequenos, desenvolverán, baixo a tutela do profesorado universitario, distintos proxectos científicos ou técnicos a elixir entre máis de 20 propostas. Ofrécense ademais un “Quest” en inglés, un espectáculo científico, un encontro con ex alumnos/as, unha festa de despedida e algunha sorpresa máis.

Nesta nova edición como principal novidade, e co fin de favorecer a asistencia de alumnado de fóra de Lugo, ofértase un programa de aloxamento entre o 22-28 de xuño no Albergue Lug2 organizado pola A.D.C. Lumieira Lugo.

Inscrición e matrícula

O prazo de inscrición estará aberto entre o 28 de abril e o 11 de maio a través da páxina web www.usc.es/gl/cursos/campcientec , un enderezo electrónico no que tamén poderán atopar toda a información relativa ao desenvolvemento do campus. Os candidatos/as admitidos/as serán informados por e-mail coas indicacións para realizar a matrícula entre o 15-21 de maio.

A matrícula no Campus (sen aloxamento) ten un prezo de 40 E e inclúe participación nas actividades conxuntas do campus e nun dos proxectos científicos ou técnicos, material necesario para o campus, seguro, xantar nun comedor universitario os cinco días do campus, e diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. O Campus (con aloxamento) custa 120 E e inclúe todo o anterior máis actividades lúdicas, aloxamento, cea e almorzo no albergue Lug2, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C. Lumieira Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova