Cargando....
Concello de Lugo
18/11/18
NOVAS
Escoita esta páxina

Os días 9, 10 e 11 de maio a cidade de Lugo acollerá a I Feira de Cervexas Artesás Galegas


# Martes, 22/04/2014
Durante eses días 13 cervexeiros de todo Galicia ofrecerán máis de 100 tipos de cervexas diferentes con múltiples matices como de mel ou castañas

Imaxe Asociada
Carmen Basadre tamén anunciou que máis de 3.500 persoas visitaron os museos municipais durante a Semana Santa


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Esteban Loureiro, Presidente da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns, e polo lucense Alberto Curiel, productor da cervexa Aloumiña, presentaron esta mañá a primeira edición da Feira da Cervexa Artesá que se vai a celebrar en Lugo.

Os días 9, 10 e 11 de maio, na Praza Horta do Seminario, instalaranse 13 cervexeiros artesáns de toda Galicia, principalmente da provincia de Pontevedra, que farán degustación e venderán as súas producións de cervexa elaborada de forma artesanal e con produtos naturais.

Ademais tamén se realizarán unha serie de actividades cultural entorno a esta evento, como cursos para aprender a elaborar a cervexa na casa, charlas informativas, degustacións, venda de produtos, música e premios ás cervexas mellor valoradas. Tamén se aproveitará esta cita para presentar tres novas marcas de cervexa artesanal galegas, como son Áncora de Ourense, Trisquel de Nigrán e Nós de Mos.

Carmen Basadre explicou que “é unha idea novidosa e que hai que dar unha oportunidade aos novos emprendedores porque esta é unha actividade realizada principalmente por xente nova” e incidiu en que “un evento deste tipo a nivel galego tamén pode atraer a moitas persoas que non son de Lugo a visitar a nosa cidade”.

“As persoas que se acheguen van a poder descubrir unha serie de matices e posibilidades nas cervexas que nunca imaxinaran ademais de experimentar novos sabores e de coñecer o sabor real dunha cervexa feita de maneira artesanal respetando os tempos de maduración” segundo manifestou Alberto Curiel, productor da cervexa Aloumiña e que comezou a súa produción nun dos locais do CEI-Nodus.

Por outra parte, Esteban Loureiro, sinalou que esta Feira vai ser unha oportunidade única para que se achegue a xente a probar novos tipos de cervexas como poden ser as que levan matices de mel, castañas ou pementos de Padrón.

Datos Turismo Semana Santa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, tamén deu a coñece o número de persoas que se achegaron aos diferentes centros turisticos municipais durante a Semana Santa. Así, foron 3.110 persoas que estiveron nos museos e no Centro de Intrepretación da Muralla, ademais de 420 persoas que participaron nas tres rutas organizadas dentro do programa Terras de Auga e Cultura 2014 e nas visitas guiadas diarias ao centro histórico.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova