Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Concello, Deputación e Fundación Laboral da Construcción volven colaborar nun curso para dar formación a parados


# Martes, 22/04/2014
O Alcalde presidiu hoxe a entrega de diplomas ós alumnos que superaron o curso de pavimentador impartido ó abeiro do Plan Urban

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
López Orozco destaca que o Concello de Lugo seguirá loitando contra o desemprego mentres non llo impida a Lei

O Alcalde, José López Orozco, presidiu hoxe a entrega de diplomas ós alumnos que recibiron formación no curso de pavimentador organizado polo Plan Urban, que foi impartido pola Fundación Laboral da Construcción. No acto tamén tomaron parte a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez; o Deputado provincial de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos; o Presidente e o Secretario da Fundación Laboral da Construcción de Galicia, Antón Arias e Hipólito Trinidad, respectivamente.

O Alcalde salientou que este curso, no que recibiron formación especializada persoas desempregadas e con importantes dificultades para o acceso ó mercado laboral, foi posible grazas á colaboración entre distintas institucións que sumaron os seus esforzos. Na iniciativa interviron, por unha parte o Plan Urban, no que colaboran a Unión Europea -que cofinancia o 80%-, o Concello de Lugo e a Deputación provincial, e, por outro lado, a Fundación Laboral da Construcción, que é a entidade máis capacitada para impartir este tipo de formación, tal e como suliñou o Alcalde.

López Orozco destacou a importancia que ten a reciclaxe profesional para facerlle fronte ó grave problema do paro e explicou que o Concello de Lugo, mentres llo permita a Lei, non deixará de poñer en marcha iniciativas coma ésta para loitar contra o desemprego e para prestar atención ás persoas que teñen dificultades no acceso ó mercado de traballo.

De feito, o Alcalde explicou que, dentro do labor que desenvolve a Administración local para axudar a atopar saidas laborais ás persoas desempregadas, o Concello aproveita os fondos do Plan Urban non só para facer obras ou dar axudas a empresas do Casco histórico senón, tamén, para ofrecer oportunidades de formación ós colectivos de persoas que sofren maiores dificultades para ter acceso ó mercado laboral.

O Alcalde salientou que algúns dos alumnos que tiveron ocasión de aprender un oficio nos distintos cursos organizados polo Plan Urban, que xa organizou con anterioridade outros cursos de carpintería e canteiría, teñen a posibilidade de traballar en obras como as do Vello Cárcere ou nas que se levarán a cabo próximamente no Calexón do Hospital.

Pola súa parte, Antón Arias, no primeiro acto que participa desque accedeu á presidencia da Fundación Laboral da Construcción, cargo no que sustituiu a Hipólito Trinidad, aproveitou para pedirlle ó concello que continúe con esta colaboración e destacou a importancia deste tipo de cursos que teñen un importante componente social porque están destinados a persoas con maiores problemas para a inserción laboral como mulleres, parados de máis de 45 anos e mozos que non concluiron os seus estudos.

Ademais, Antón Arias pediu a todas as administracións públicas que traten de xenerar actividade produtiva a través da construcción, se ben recoñeceu que no Concello de Lugo existe a conciencia da importancia que ten este sector como motor da economía local.

Formación a 13 desempregados

Neste curso participaron 13 alumnos/as, 2 mulleres e 11 homes, que recibiron formación dende o 13 de xaneiro ata o 9 de abril.

Foi un curso, de 364 horas de duración, eminentemente práctic o, no que os alumnos fixeron moitas prácticas cos pavimentos que se empregan no Casco histórico (granito e adoquíns de diversos tipos), e aprenderon a realizar todo o proceso para a colocación do pavimento, comezando pola preparación dos solos ata os acabados.

Adicaron tres semanas a prácticas de execución de pavimentos en mosaicos, para o que prepararon eles mesmos pequenos mosaicos con teselas.

O curso completouse con 20 horas de prevención en riscos laborais e 2 horas de formación ambiental de aplicación directa ás tareas que se desenvolveron durante o período de aprendizaxe.

Contratación de obras no Calexón do Hospital

O Concello vén de aduxdicar, este luns, a obra de rehabilitación do espazo de Calexón do Hospital e Carril do Son á empresa Xestión Ambiental de Contratas, que ofreceu un presuposto de 297.467 euros e un prazo de execución de seis meses.
 
Este proxecto do Plan Urban suporá a demolición de garaxes e outra construción adosada ó convento das Agustinas Recoletas, que xa foron expropiados.

A intervención tamén inclúe a urbanización dunha superficie de algo máis de 1.000 metros cadrados de ambos calexóns, que serán de uso peonil.

Os calexóns quedarán unidos e esto permitirá acceder dende a praza de Santo Domingo a Quiroga Ballesteros por detrás do convento.

No proxecto utilizaranse materiais dos usados habitualmente no Casco histórico: pavimento de granito e os mesmos modelos de farolas e papeleiras empregados no contorno e tamén se instalará unha liña de bancos de madeira de liñas sinxelas.

Ademais, vanse recuperar as fachadas do Convento afectadas polas demolicións e instalarase iluminación monumental das dúas fachadas do Convento recuperadas a través de proxectores encastrados no pavimento.

O prezo de licitación deste proxecto, que se executará con cargo ó Plan Urban, fora de 425.500 euros e presentáronse 49 empresas.
 
Tamén se celebraron onte mesas de contratación para as obras de construcción da estrutura sobre o río Mera, concurso ó que se presentaron 19 empresas, e para a rexeneración de pavimento de Rosende, ó que concurriron outras 26 empresas, pero algunhas das empresas non presentaron toda a documentación requerida polo que se lles deu un novo prazo de tempo para completala.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova